Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COUSAS QUE CHIRRIAN

COUSAS QUE CHIRRIAN

 

                A política no só deixa a imaxe de estraños compañeiros de cama, como a instantánea do exconselleiro Blanco estreitándolle moi sonrinte e feliz a man a  Feijoo,  despois de aproba-la lei das Caixas. Eu non acredito por qué Blanco se sinte tan feliz, pero esa imaxe danos a clave do seu mandato. Este señor debía usar gafas seguro que lle daban bo porte.

                A política tamén nos deixa outras perplexidades, coma as declaracións de Ana Pastor, deputada do PP, a La Razón. Culpa a Zapatero do mal funcionamento da sanidade. Podía empezar por unha autocrítica, esta galega, e falar da mala xestión da Conselleira de Sanidade da Xunta. Galicia é unha das Comunidades Autónomas que menos destina a  sanidade, por elo as listas de espera na sanidade non deixan de medrar. O xiro da sanidade vese en todo, pero sobresae o nomeamento de dos relixiosos católicos pra Comisión Ética Biomédica; gracias á Conselleira os médicos teñen que preocuparse primeiro da nosa alma, a saúde do corpo en segundo lugar. Mezclar e condicionar o exercicio da medicina co relixión é como volver ós tempos de Torquemada. De eso sabe moito o Dr. Montes, que se viu perseguido por practica-la medicina con profesionalidade, ó marxe do que opinaran os cregos. 

                O mais curioso é a danza do celo, como si fora un urogallo, que interpreta un deputado do PP pra seduci-lo PSOE a fin que apoie de que apoie o Decreto do galego. Despois de que o PP se reunira consigo mesma, e consensuara con parte dos seus deputados. Non lles faltan razóns pra estar inquedos, parte dos deputados do PP non comprenden o ataque de Feijoo ó galego; falta saber se lle pararán os pes ó emperador.

                 Os problemas orixinados por a primeira nevaradiña do ano, o  superconselleiro, non os resolveu con quitaneves, con sal, con limpeza de estradas, ou algo polo estilo, que va, anunciouse a creación dun carril bici, e a culpa de que nevara ó PSOE. ¿Que pasaría si nevara como en Suíza?

0 comentarios