Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A SOMBRA DO CAMARLENGO

A SOMBRA   DO  CAMARLENGO

 

                Amagou con irse, pero solo se foi da primeira liña, na que se libran as loitas fracticidas, pero sempre estivo aí, manexando, conspirando, apoiando os seus.

                Cun amplo curriculum na vida pública, foi un coruñés de Betanzos que trascendeu as fronteiras locais pra vivir a política fora da súa provincia, non é un coruñés universal como Madariaga, pero estivo presente en tódolos niveis territoriais da política e do poder. Por moitos avatares polos que pasara a política nunca deixou de estar presente, en primeira fila ou na sombra. Foi, e é, un auténtico Carmalengo dentro do PP.

                Rajoy pediulle que volvera á primeira fila da política pra facerse cargo dos do  barulo da financiación, ó menos sobre o papel.

                Home de modos delicados, pódenos confundir e   parecer unha persoa de recto proceder; nalgunhas cousas serao, pero os actos, negando a trama de corrupción e as compañías coas que se relaciona, fainos situa-lo personaxe nun lugar da vida política, alexado desa primeira imaxe de persoa centrada.

                O seu protexido Feijoo sáese do guión da liña oficial, e fai como Esperanza Aguirre. Os responsables do Gürtel non son eles; son os medios de comunicación, e os que se levaron ós cartos; fronte a eles o PP non soubo reaccionar. Sobre os regalos e subornos recibidos por cargos do PP, as campañas financiadas con diñeiro negro e deseñadas pola trama, así como a implicación directa en contratos raros, e as amizades perigosas, hai unha conveniente amnesia.

3 comentarios

Vincios -

Iste é dos galegos de toda a vida, dos que non se sabe se van ou veñen...se suben ou baixan na escaleira

Anónimo -

Romay Beccaría sempre foi un dos persoeiros de maior poder no PP de Galicia, sobre todo na provincia da Coruña, donde gobernou de facto con man de ferro durante moito tempo.
Non lle vai por detrás a sua sona de promover persoas para os postos maís insospeitados. Ainda me lembro as súas manobras para impoñer dende Madrid a Rajoy como sucesor de Fraga, daquela Presidenta da Xunta, que recibira unha sonada resposta do sector da boina. Todo un elemento, este Camarlengo.

Anónimo -

Para sarcasmo as declaracións de Aguirre cando dixo que a que destapara o Gurtel fora ela. Menuda tropa esta do PP