Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NUNCA VOS ESQUECEREMOS

NUNCA VOS ESQUECEREMOS

 

     Fostes semente de conciencias firmes, regastes co voso sangue o sagrado chan amado, gañastes un posto no olimpo. Co voso exemplo, dando a vida por Galiza, marcastes o  vieiro das xeracións vindeiras, dos puros de corazón, que non buscan gloria; porque nos ensinastes que a meirande gloria é servir a Galiza.

     A  crueldade e o terror que instauraron os fascistas trala sublevación, fai que o número de asasinatos teña unha importancia relativa; pois cada vítima foi unha traxedia pra súa familia e os seus achegados.

     O que costa entender, coa perspectiva que da o tempo, é que hai castas profesionais do poder; que estiveron no poder antes da  sublevación, coa ditadura e agora coa democracia.

     Neste día de Galiza mártir lembremos a todos aqueles que deixaron a súa pegada na historia de Galiza.

0 comentarios