Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ESMAGADOS

ESMAGADOS

 

 

    O 20 de novembro non ten, pra algúns boas connotacións. Pola contra outros veno como a data da liberación, o principio do fin. É de esperar que a data do 20N non sexa tráxica. Unha cousa é segura, a data do 20N marcará un antes e un despois; unha fronteira, á que, mais dunha vez nos asomaremos pra consolarnos cun pasado, que se nos antollará glorioso. Os gobernantes, que non souberon pilota-lo barco no medio desta tormenta de crise mundial, deixan unha herdanza non demasiado boa. A gran incógnita é si o goberno que sale das furnas será capaz de goberna-la nave. Prometéronnos a felicidade: mais ben teremos moito sufrimento, e a nave vogará por un mar formado polas nosas vagüas.  

2 comentarios

PitaAzul -

Xa sabemos o que nos espera, vannos apretar o cinto ata votar a lingua, pero eso os traballadores; os seus amigos empresarios cumpriranlles todos os seus desexos: despido libre, contratos superlixo, etc.
E se a cousa sale ben, teremos a marianico tanto tempo como a franco (galego tiña que ser) e se sae mal os catro anos a puñetera rúa.

Anónimo -

Pois ala!!!, en mans de Rajoy quedamos. Espero que teña claro o que ten que facer, e deixe de xogar aos equívocos como ata agora. Dende logo, leva que facer...