Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A CRISE SO É PRA ALGÚNS

A CRISE SO É PRA ALGÚNS

 

 

      Comentábase que na crise hai un pebideiro de oportunidades. As crises sempre foron así. A xente agudiza a imaxinación, pero tamén abunda aqueles que viven e medran á costa das necesidades e das miserias dos seus semellantes. O que realmente resulta indignante é que a crise a teñan que paga-las persoas con menos ingresos, e agora aínda van recortar sobre os recortes, mentres que os políticos e os especuladores, que son os realmente responsables da crise saen ben parados. Indígname que Institucións ricas como a airexa lle sigan mantendo os privilexios fiscais, declarando membros do goberno, que os privilexios da airexa son intocables. Desa maneira resulta mais entendible a postura ultramontana do Ministro de Xustiza, porque os curas son os que marcan o vieiro  

 

1 comentario

Anónimo -

As crises e as guerras foron de sempre os escenarios ideais para facerse ricos. Agora máis que nunca...