Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A MEDIOCRIDADE

 

    Un amigo meu, falando da mediocridade que somos, dicía: Chegou a hora de aceptar que a nosa crise é máis que económica, vai máis alá destes ou aqueles políticos, da cobiza dos banqueiros ou a prima de risco. Asumir que os nosos problemas non se rematarán cambiando a un partido por outro, con outra batería de medidas urxentes ou unha folga xeral.Recoñecer que o principal problema de España non é Grecia, o euro ou a señora Merkel. Admitir, para tratar de corrixilo, que nos convertemos nun país mediocre. Ningún país alcanza semellante condición da noite á mañá. É o resultado dunha cadea que comeza na escola e remata na clase dirixente.Creamos unha cultura na que os mediocres son os alumnos máis populares no colexio, os primeiros en ser ascendidos na oficina, os que máis se fan escoitar nos medios de comunicación e os únicos que votamos nas eleccións, sen importar o que fagan. Porque son dos nosos. Estamos tan afeitos á nosa mediocridade que rematamos por aceptala como o estado natural das cousas. As súas excepcións, case sempre reducidas ao deporte, sérvennos para negar a evidencia.

0 comentarios