Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DESAFIUZAMENTOS

DESAFIUZAMENTOS

 

   Os dous partidos maioritarios intentan poñerse de acordo pra encaouza-los desafiuzamentos. Chega tarde pras mais de 300.000 familias que perderon a casa; pero aínda así, a cousa non vai ser inmediata por falta de acordo. No fondo, nin o PP, nin o PSOE teñen interés en paralos desafiuzamentos. A banca ten collidos polos collóns ós políticos e poderes do Estado, e eles non se atreven a poñerlles coto. Pola súa parte no Tribunal da UE vese ilegal a lei española de desafiuzamentos, o cal podía levar declarar nulos os desafiuzamentos ditados por os tribunais españois. Ten que ser un tribunal ordinario o realice esta xestión, mentres o TS e o CXPX  e goberno miran pra outro lado. Pra eles é mais importante os bancos que as persoas.

0 comentarios