Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

!QUE MORRO!

!QUE MORRO!

 

 Marta Rivera de la Cruz, a mediocre  e descoñecida escritora que Galicia Monolingüe e o moñigote, encomendaron a parodia da homenaxe a Rosalía, dixo  que Rosalía deixara de escribir en galego por culpa do Bloque e da Mesa de normalización lingüística, cando nin existían nin en soños. De certo que aquilo parecía un concurso de disparates de xente que xogaba a votar peidos pola boca. A curiosa invitada negoulle a Rosalía a mais mínima concienciación galeguista, cousa difícil de entender, si temos en conta a marxinación da lingua galega, sumida na mais escura noite e o papel da muller naquela época; pero chegaría pra demostralo o compromiso de Rosalía con Galicia con aquela frase súa: “Probe Galicia non debes chamarte nunca española..." -Cantares Gallegos, Rosalía de Castro-, si iso non é ser galega de conciencia e corazón, que mo explique esa ignorante. Por certo por culpa da ocupación colonial da nosa terra, de xente da mesma madeira que os da galicia monolingue, que durante séculos perseguiron e menospreciaron ós que falaban galego, entre os que se atopaba o pai de Marta Rrivera, fixeronlle a vida difícil a Rosalía por escribir en galego, e a todos os que, seguindo o seu maxisterio, usaron o galego deica o día de hoxe.  Pero non nos calaran, porque coa súa política fannos cada vez mais fortes e reafírmanos no noso propósito. Mentres haxa un galego e lei, o galego seguira vivo. Foi indecente como a protagonista do acto lle votou a culpa ó Bloque e outros, que entón  non existía, de que Rosalía deixara de escribir en galego, cando foron os explotadores españois e a airexa, os que tiñan condenado ó pobo galego ó analfabetismo. Ó idioma galego prohibido, dentro do proceso de castración e doma de Galicia. Rosalía foi unha valente e heroína; si hoxe vivira, a mais dun e dunha escupiríalle na cara.

0 comentarios