Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O POSOE

O POSOE

 

 

  Tratando de atopar un vieiro  que lles permita o reencontro cos votantes, o PSOE celebrou unha conferencia    da militancia, na que os vellos baróns van a impoñer o que sempre viñeron facendo, encalando un pouco a fachada, pra ver si cola. A intervención de vellos e venerables líderes, como Felipe González, deron a pauta do PSOE que queren; pretenden que o partido centre o debate en cuestións de programa, que non haxa primarias, nin unha revisión ideolóxica, nin dos fracasos actuais, que según eles non lle importa ós votantes. Houbo algunha proposta digna de xerar debate. Propoñen igual salario entre homes e mulleres; non igual salario pro mesmo traballo, que parecería o lóxico. O enfrontamento entre xéneros parécelles rendible e, ademais, despista á xente e non se fixa nutras cousas. A imaxe de Felipe, xubilado de ouro, que ademais é pluriempregado con  un salario de 200.000 nunha empresa enerxética que lle está pagando os favores, que deberon ser moitos. O PSOE traizoou moitas veces ós votantes. De aí que a xente non se fíe deles

0 comentarios