Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN LASTRE

UN LASTRE

 

O PSOE  xa non andaba lixeiro, e algúns militantes irresposables   engádenlle un sobrepeso que lle vai facer difícil camiñar nesta selva democrática. Un bo momento pra valorar a capacidade de liderazgo do novo Secretario galego do PSOE é o incidente protagonizado polo Deputada Beatriz Sestayo no aparcadoiro do Pazo do Hórreo. A prepotencia e falta da mais elemental educación, intimidando a un traballador da vixíana do aparcadoiro. O menosprezo e atropelo da clase traballadora, di pouco desta Deputada, que se di socialista. Xa debera ser cesada,ou cando menos suspendida de funcións. A reacción de Besteiro foi tibia e escurrindo o vulto. O incidente de Sestayo parece ser solo a punta do iceberg dunha clase política que vive nun plano distinto ó maltratado cidadán. A prepotencia de Sqestayo e coñecida, e no seu entorno non les estraña o incidente. Que privilexio o desta señora que entra a “traballar” as dez. A guillotina oxidada 

0 comentarios