Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PECHANDO FERIDAS

PECHANDO FERIDAS

 

 Diante do perigo de escisión dentro do PP, Rajoi busca un inimigo común e culpa da herdade recibida a actual crise. Xa está ben que despois de dous anos de goberno se siga coa herdade recibida. Tódolos indicadores económicos e de benestar están moito peor que cando Rajoy chegou  ó goberno, agás a prima de risco, que non é imputable a Rajoy, senón ó BCE. A prima de risco italiana segue parella á española, e alí non goberna Rajoy. A débeda pública alcanza o 95% do PIB. Cando Rajoy chegou ó goberno a débeda Pública era de pouco mais dun 70% do PIB. A débeda das familias non baixa, cada vez está mais coa auga o pescozo,  e a morosidade tampouco baixa e o crédito non flúe. Eu creo o que di o PP, esto vai cada día mellor; pra esles, claro.

0 comentarios