Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

VALENTE E HONESTO

VALENTE E HONESTO

 

Nunca me identifiquei coa figura de Suárez, o meu modelo eran Bóveda e Castelao; dito isto, hai que recoñece-la talla de estadista de Suárez e a súa habilidade. Non fixo a mellor transición, fixo o que naquel intre era posible. Fíxolles comprende a elite do réxime que había dous camiños: ruptura, ou reforma. Elixiron a reforma, que garantía que os privilexios non se ían tocar, o mesmo tempo que se garantía a impunidade. Os que non entendían que outros tempos eran chegados e que España tiña que deixar de ser un país singular e cavernícola, entre os que atopaban certos poderes fácticos, enfrontouno con algúns militares, eclesiásticos e mesmo compañeiros. O de UCD foi mais que un partido político un tinglado que tivo que argallar, polo que tivo que convivir co inimigo na casa, porque os peores inimigos e os mais traidores estaban o seu lado. Será recordado como un home valente e honesto. Que atope acougo.

0 comentarios