Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

LARGO CAMIÑO

 

A emigración é un amargo camiño. Na idílica insula de Feijoo volve a recuperarse esa vella práctica, que levou a milleiros de galegos  buscarse a vida no estranxeiro. De cada catro persoas que deixaron España no ano pasado, unha era galega. A elo hai que suma-la emigración a outras zonas do estado; aínda así o paro segue medrando, o que nos fai comprender que se non fora por este doloroso alivio, a explosión social en Galiza sería incontible. Que Feijoo nos fale do ben que vai o país baixo o seu réxime produce unha insoportable carraxe.

0 comentarios