Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

QUÉ É ISO DAS SICAV

QUÉ É  ISO DAS SICAV

 

As SICAV (sociedade de investimento de capital variable) son unha figura de investimento colectivo que ten por obxecto exclusivo a adquisición, tenza, desfrute, administración en xeral e alienación de valores mobiliarios e outros activos financeiros. Teñen moitas vantaxes fiscais entre a que destaca a tributación ao 1% do imposto de sociedades, por exemplo. As SICAV son utilizadas como unha inmellorable ferramenta legal das grandes fortunas para evadir impostos. As cen persoas necesarias para formalas, adoitan ser individuos que só achegan o seu nome á sociedade e frecuentemente están moi relacionados co investidor que achega a maior parte do capital mediante lazos de amizade ou parentesco. Tal e como recordan os técnicos de Facenda, neste sentido deixan de ser ferramentas colectivas para ser unha forma tramposa de xestionar un patrimonio particular esquivando o fisco. Como o capital mínimo para formalas é de 2.400.000 euros, é unha ferramenta exclusiva de persoas moi ricas. Ademais non é a Axencia Tributaria quen supervisa estas sociedades senón a Comisión Nacional do Mercado de Valores, afastando así o control destas sociedades do común do cidadán

 

0 comentarios