Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COA VENIA

COA VENIA

 

  A airexa dos xerónimos é coñecida polo seu tinte  fascista. Nela o de menos é o evanxeo, antes o contrario, fanse continua apoloxía do golpismo e incítase ó odio. Parecía que a marcha de Rouco ía muda-las cousas, pero no fondo todo segue igual, solo vernices. A supresión de calquera referencia que incite ó odio e sitúe a Igrexa católica como altofalante da extrema dereita,  evitando actos como os acaecidos en novembro de 2012, cando un grupúsculo de nostálxicos do franquismo entoaron o cara ao Sol nas portas do templo. Este ano, e ante o auxe da extrema esquerda, o párroco da Igrexa dos Xerónimos optou por endurecer a súa mensaxe esixindo ós católicos "estar preparados" ante a posibilidade de iniciar unha nova cruzada "por Deus e por España". E fíxoo na celebración da homilía e ante a atenta mirada dos descendentes de Francisco Franco, defendendo o Golpe de Estado.  

0 comentarios