Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CERCADOS

CERCADOS

 

 O PP atópase cercado pola corrupción e está ensaiando varios xeitos de volve-las tornas. O PP non  ten unha solución unitaria, está optando por varias estratexias. Cada líder ten a súa solución, que van dende a de Cospedal, dicindo que todo o que se podía facer, xa se fixo, o que é o mesmo, hai que procurar que non nos pillen, sen mais. E a mais astuta de Feijoo, que pretendía blindarse cun pacto co PSOE. Pra iso diseñouse unha ampla estratexia que consistía nunha preparación da opinión pública, mediante o bombardeo informativo dos medios de comunicación afíns. Cando o campo de batalla se atopara ermo, entraría en escena Feijoo.  O Presidente intentou convencer a Besteiro de que aceptara o plan que concibira, pero Besteiro púxolle condicións: que o plan fora público, que se involucraran os demais axentes sociais, non solo ó PSOE, medidas reas contra dos corruptos, nada de códigos éticos baldeiros, e que comparecera no Parlamento pra dar conta da corrupción. Feijoo saíu moi contrariado da reunión; nin o bombardeo informativo, nin a longa sesión de acoso de Monte Pío deu resultado. Terá que da-la cara.

0 comentarios