Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS SETECENTOS

OS SETECENTOS

 Rato formaba parte dun selecto grupo de patriotas defraudadores, que estaban a ser investigados pola AT. Curiosamente coa chegada do PP ó poder promulgase unha  amnistía que os salva. O que se equivoca na declaración da renda en cen euros é sancionado, os emigrantes son acosados,os que defraudan millóns son amnistiados. Como dicía   Galiano pola xustiza, Facenda e como as serpes, morde solo ós descalzos. Así que tranquilos o de Rato solo foi unha operación mediática, pra facernos crer que o PP non ten favoritismos. Rato, pese a ser considerado un mago das finanzas e artífice da milagre económica d PP xa era un mito amortizado, idóneo pra ser presentado como cabeza de turco. O que foi solo unha operación mediádica dedúcese de que non foi anticorrupción o que montou o circo, senón que foi un fiscal ordinario e non foi investigado por un órgano técnico, senón por axentes de Aduanas, e non foi oído, como sería lóxico, por ningún xuíz. 

0 comentarios