Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AVISO A NAVEGANTES

AVISO A NAVEGANTES

 

  A Troika quere que Grecia sexa un exemplo do que lle pasara a quen desafíe o trío. Non se trata dunha cuestión de razón, senón de autoridade; de deixar claro quen manda. Dende un principio seguiuse un guión que nunca tivo por obxecto axudar a Grecia, senón a poñela de xeonllos e facerse co pouco que ten, esqueceuse a xente e o importe do rescate, cuns xuros leoninos, foi a parar a  rescatar bancos e fondos de inversión privados . A igual que Grecia, os demais países que se resistan a ser explotados, corren a mesma sorte. Se cae Grecia caeran os países periféricos. ¿Entón porque Rajoy é o mais duro con Grecia, si a España lle pode pasar algo parecido. Moi doado, a Rajoy non lle importa España, senón a  camarilla á que serve, e non quere que PODEMOS  faga o mesmo que Syriza, por iso precisa que Syriza fracase. Grecia non é ningún polizón, vai no barco de Europa, por mais que se empeñe  algún malnacido

   

0 comentarios