Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ENCRUCILLADA PRO NACIONALISMO

ENCRUCILLADA PRO NACIONALISMO

 

 

 

  Está próxima a celebrarse unha asemblea do BNG na que se tratará  sobre o futuro do BNG e do propio nacionalismo. Fernando Blanco foi un persoeiro destacado do nacionalismo e pensa que BNG ten que cambiar de líderes e de linguaxe. A cuestión é hasta que punto a UPG está disposta a permitir  as disensións e opinións fora da súa doutrina. Dende a súa fundación á UPG foi unha organización monolítica que evitou calquera disensión interna, pero ultimamente naceron voces dentro da organización, que permiten albiscar un auténtico debate sin consignas da dirección. Si o BNG pretende ter protagonismo na política galega ten que adaptarse ós tempos e ás circunstancias. Non valen dogmatismos, nin metas lexanas, ó pobo hai que ofrecerlle primeiro comida, os soños pra despois. Fálase da refundación total do BNG, que implicase, si non a desaparición, si a perda de protagonismo exemónico e exclusivista de organizacións, que por si, nunca houberan tido protagonismo. A organización do BNG hai que simplificala e adaptala ós tempos de hoxe, non se trata de ir en alianzas electorais, que demostraron que, pese o éxito electoral, non pintan nada en Madrid; trátase de que a conciencia nacionalista siga viva e teña futuro, aínda que non sexa inmediato.                      

0 comentarios