Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TAL COMO VEN ESPAÑA

TAL COMO VEN ESPAÑA

 

   O economista e profesor estadounidense Joseph Stiglitz criticou a actitude alarmista que teñen os partidos políticos españois tradicionais con respecto aos novos movementos. "Non é un medo xustificado. En todo caso o PP si é un dos causantes de que España estea en bancarrota. Non só pola corrupción asociada ao partido, senón tamén polo feito de que estivesen tan íntimamente vinculados coa burbulla inmobiliaria que provocou a bancarrota", expresou Stiglitz nunha entrevista a ’Vanity Fair’, citada por Europa Press.

Stiglitz subliña que este "medo electoralista" é un fenómeno que ocorre "en todas partes", xa que os partidos de dereita "meten medo cando non poden convencer á xente con argumentos".

Así mesmo, o ganador do Nobel de Economía advirte que o PIB non é un indicador moi bo do éxito económico dun país, e opina que é "cínico" afirmar que España ha ter éxito cando a taxa de desemprego alcanza un 23%. "Sería aínda máis elevada si tanta xente con talento non se marchou do país", engade. Ademais, Stiglitz estima que co ritmo actual, España tardará "anos, quizá unha década, en volver ser unha economía normal". 

0 comentarios