Facebook Twitter Google +1     Admin

SEGREDO

 

 

  Donos dos nosos pensamentos, escravos das nosas palabras, donos dos nosos pensamentos; pero non sempre é posible, a veces, nin recomendable. A batalla por Galiza escapóuselle a Feijóo das mans. Feijóo, partidario dun control persoal dos compromisarios, non puido frear as intencións dos que fixeron pública a súa decisión. As dúas candidaturas, semella que teñen mais de persoal que ideolóxico, nas definicións. Con todo, é innegable o ultraliberalismo de Casado e ambición de Soraya. Faría mal o PP irse a unha esquina, como pretende empurralos Ciudadanos; por último non se pode esquecer do afán de protagonismo de Aznar, que igual que Felipe, non quere ser solo pasado.

 

20/07/2018 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A GRANDEIA

 

 

Anos despois do accidente de AGROIS intentan busca-la verdade, a verdade é que houbo moitos mortos e feridos e non houbo responsables, nin agora os van atopar. Daquela solo se culpou ó maquinista. Ningún técnico, nin responsable político, aínda que estes eran os responsables.. A Ministra suprimiu o sistema RTMS pra abarata-los custos e levar os cartos pra outro lado, os técnicos nin se sabe. A Ministra debía responder co seu patrimonio e cesala, en lugar diso, foi ascendida. Os técnico tiñan que ser inhabilitados. Agora vai ser unha frustración, nada se aclara

 

 

 

18/07/2018 10:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

BOSQUES

 

Gústame lee en soporte de papel, pero cando penso que pra facer un libro hai que cortar un árbore xa non son tan partidario dun libro- así comprendo mernos que alguén arrase un frondoso bosque pra plantar un carballo, o fin de contas podíao plantar  igual

 

17/07/2018 16:13 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

CAMPEONA

20180716113050-imagescasuoynz.jpg

 

 

  Susana Díaz é unha campeina; a súa  autonomía, e dicir, o seu goberno é o mais corrupto de Europa. Ten empregados na Xunta , metidos a dedo, que  nin sequera van  ó curre. Pero a corrupción axúdalle  manter o poder. O pobo  é un voto cautivo; o mesmo co de Feijóo. Andalucía e Galiza, tan lonxe e coas mesmas doenzas   

16/07/2018 11:30 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

PROMESAS

 

  A traxedia de Paramos motivou unha a presenza de  políticos frenética, con promesas debaixo dos brazos. As promesas,  que dia a día, repetía Feijóo, case  nos convence  de que as desgrazas poden ser boas,  i é que Feijóo é un especialista en promesas, case nos convence. A caída de Rajoy orixinou a retirada das promesas de  Feijóo. Agora é responsabilidade de Madrid, os de Paramos xa non son galegos

09/07/2018 16:31 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

ARRASTRAS

20180706162235-21e6mgh.jpg

 

  O PP cumpriu un principio democrático de elixir en primarias  o seu dirixente. Foi un arrastrar de costumes, unha loita contra dos   seus principios. No seu ADN non está a democracia,. É un partido teocrático, que cree que o poder lle corresponde por Dereito divino, non polo xogo democrático. Iso levouno a unhas primarias que non o apartan da corrupción e os modos precedentes, foi un lado en augas sucias, nade pode crer  quer Soraya encane a rernovación, pringada como está

 

06/07/2018 16:22 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

A INVASIÓN

 

 

   O Tertulianos dinnos que os inmigrantes veñen a crer riqueza, que son a garantía pras pensións, e digo eu, si veñen a vivir das subvencións, de todo tipo de axudas a cargo do Estado, axudas que se negan os españois, ula a riqueza. Está mal visto falar mal da emigración e pretenden lavarnos o cerebro. Cando hai tanto intres en convencernos de que o mal é bo, algo terrible se esconde. No que vai de ano,  30.000 inmigrantes cruzaron o estreito. Os barcos que trafican con inmigrantes descargan en España. Alemania vai enviarnos un lote  !canta  riqueza!.

 

05/07/2018 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris