Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AFORRO E ECOLOXIA

AFORRO E ECOLOXIA

 

          Si un pensa que as barbaridades dunha consellería non poden superarse estaría nun apuro. O Conselleiro de Infraestructuras e moitas cousas mais, posto a saltar retos non hai quen lle chegue, xa atopou un culpable pra falla de reciclaxe dos medicamentos: os traballadores, toooma xa.

          O mentado Conselleiro fora denunciado polo PSOE, por accións súas no derradeiro goberno de Fraga; a denuncia foi retirada polo actual goberno; si non tiña nada que ocultar por qué non deixar que a xustiza actuara e limpara o seu nome: ahh quén sabe?. O PSOE puido presentar antes a denuncia?, pode. De todos xeitos, as denuncias fanse cando se teñen coñecemento dos feitos, e si era tan inocente, ¿a qué ben tanta presa en retira-la denuncia?

        Desoíndo o criterio do Tribunal de Contas, repártense cinco millóns de euros de beneficios en Sogama, que os gastadores do bipartito tiñan aforrados pra facer fronte ás inversións que foran necesarias,  correspondían esas reservas ó exercicio do 2007. ¿Será que non hai en que invertelos?. Segundo el, fai pouco inverteu case dous millóns de euros, que debera haber feito o bipartito. As inversións outros, os beneficios pra el.  Seguro que recordais ós Consellos de Empresas  en quebra en EEUU, que se repartían as axudas como beneficios; xa vedes que non fai falta ir tan lonxe; o PP tróuxonolo  á casa.

          Ten paralizados unha morea de proxectos de infraestructuras; prometeu elaborar el un proxecto propio; non lle valen os do anterior goberno, ¿ non vos enterades que non se pode falar de alternancia política, senón da cambio de réxime?

          Criticaron o bipartito  por limpa-las cunetas  e facer obras de mantemento; agora non solo as fai el, senón que se quer poñe-las medallas  dicindo que fixo un plan.  !será caradura!.  Sendo obras habituais.

           Pra disimular un pouco de que non fai nada novo, da como súas obras que xa tiña en marcha  o bipartito.  ¿Sería que lle saía moi caro paralizalas?.

          O despilfarro económico non se concreta, entre outros coas nas galiñoescolas, o parque móbil, en informes a medida, con escuros contratos a dedo  ou coa cidade da incultura. O ínclito conselleiro de infraestructuras e tantas cousas, pasa dun plan de xestión de residuos elaborado polo goberno anterior, no que traballaron axencias medioambientales, técnicos e grupos ecoloxistas de todo España, e que custou a friolera de 240.000,- euros. O aforrador conselleiro, os cartos non son seus, vai elaborar o seu propio plan. Non solo vai a fundir recursos económicos, senón que  vai retrasar a aplicación da urxente resolución dun gran problema como é o do lixo. Parece que pra facer fronte ó adiamento da resolución do problema vai crear varios vertedoiros, volvendo a tempos que xa esqueceramos.

          Ademais da mala xestión, tamén pode haber dous delitos: un contra  a Facenda Pública e outro ecolóxico. Na cadea hai xente presa por menos; o mellor por roubar un pan pra comer

0 comentarios