Facebook Twitter Google +1     Admin

OPERETAS

20091016113410-pajareror.jpg

 

            A visita de Feijoo a Bruxelas e os seus supostos contactos con Autoridades Comunitarias, non pasaron, candos as houbo, de meros saúdos protocolarios. Xa vimos que nos medios de comunicación sae unha cargada axenda de asuntos tratados e de extensas entrevistas, amén do proveitoso que foi pro pais esta visita. Dende logo hai que admitir que ten un servicio de propaganda moi poderoso e imaxinativo, xa que non é doado crear da nada semellante historia. Deben de se-los mesmos que “impulsaron” sendas comentarios, en dous xornais sobre as súas destacadas aptitudes de xestor. !É que non no lo merecemos!.

           Se os cartos e o tempo que inverte en propaganda e en representacións de escenas teatreiras, tipo Quevedo, os empregara en algo, do moito que necesitamos, outro galo nos cantaría.

            Feijoo é moi dado a viaxar, xa parece o Papa viaxeiro; a metade do tempo pásaa en Madrid, o motivo será persoal, o que é dos asuntos da Xunta preocúpanlle pouco, pero os gastos e custos das viaxes pagámosllas os galegos.

            Vai sendo hora de baixa-lo lombo e traballar polo pais, non se pode estar permanentemente en campaña electoral, usando coartadas e votándolles as culpas a outros. Se non lle deixan traballar, ou un ten recursos limitados, e dicir, é un incapaz, debe recoñecelo. Visto o visto non imos pedir honradez, porque era verde e comeuna un burro; pero si, que deixe de actuar é      traballe; si lle gusta a farándula, equivocouse de traballo.

16/10/2009 11:34 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: recamán

Moi bo este artigo. Eu non definiría mellor o paseo que ben de darse este señor polos pasillos das Institucions Europeas...algo moi típico del, coma se fora un gran estadista.
Mira que é fachendoso!!

Fecha: 16/10/2009 16:04.


Autor: piuxiño

Por fin xa se pode votar o mellor artigo de setembro!!!
Non me dera conta ata hoxe...
Eu tiña as miñas dúbidas pero ao final decidime por a Galiña azul, xa que pedira ao autor unha segunda parte da historia e regalounos un relato moi divertido e ameno.
Veña a votar todos!!!

Fecha: 16/10/2009 16:13.


Autor: Castrelos con cachelos

Pois para min o mellor foi a segunda parte de "Os mortos viven", e así o fixen constar co meu voto.

Fecha: 16/10/2009 16:15.


Autor: Eukesei

Ten boa gana o señorito enviado por Génova para amansar Galicia de dobla-lo lombo para traballar a prol do País.
Eu tamén votei na enquisa. A ver se desta as miñas preferencias coinciden coas da maioría.
Elixín o artigo dos mojitos porque foi o que máis me gustou, ainda que tamén tiña as miñas dúbidas.
Unha aperta e bo fin de semana!!

Fecha: 16/10/2009 16:58.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris