OPERETAS
A visita de Feijoo a Bruxelas e os seus supostos contactos con Autoridades Comunitarias, non pasaron, candos as houbo, de meros saúdos protocolarios. Xa vimos que nos medios de comunicación sae unha cargada axenda de asuntos tratados e de extensas entrevistas, amén do proveitoso que foi pro pais esta visita. Dende logo hai que admitir que ten un servicio de propaganda moi poderoso e imaxinativo, xa que non é doado crear da nada semellante historia. Deben de se-los mesmos que “impulsaron” sendas comentarios, en dous xornais sobre as súas destacadas aptitudes de xestor. !É que non no lo merecemos!.
Se os cartos e o tempo que inverte en propaganda e en representacións de escenas teatreiras, tipo Quevedo, os empregara en algo, do moito que necesitamos, outro galo nos cantaría.
Feijoo é moi dado a viaxar, xa parece o Papa viaxeiro; a metade do tempo pásaa en Madrid, o motivo será persoal, o que é dos asuntos da Xunta preocúpanlle pouco, pero os gastos e custos das viaxes pagámosllas os galegos.
Vai sendo hora de baixa-lo lombo e traballar polo pais, non se pode estar permanentemente en campaña electoral, usando coartadas e votándolles as culpas a outros. Se non lle deixan traballar, ou un ten recursos limitados, e dicir, é un incapaz, debe recoñecelo. Visto o visto non imos pedir honradez, porque era verde e comeuna un burro; pero si, que deixe de actuar é traballe; si lle gusta a farándula, equivocouse de traballo.
4 comentarios
Eukesei -
Eu tamén votei na enquisa. A ver se desta as miñas preferencias coinciden coas da maioría.
Elixín o artigo dos mojitos porque foi o que máis me gustou, ainda que tamén tiña as miñas dúbidas.
Unha aperta e bo fin de semana!!
Castrelos con cachelos -
piuxiño -
Non me dera conta ata hoxe...
Eu tiña as miñas dúbidas pero ao final decidime por a Galiña azul, xa que pedira ao autor unha segunda parte da historia e regalounos un relato moi divertido e ameno.
Veña a votar todos!!!
recamán -
Mira que é fachendoso!!