Facebook Twitter Google +1     Admin

A CORRUPCIÓN NO GOBERNO DE FEIJOO

20091027134215-20091027113244-corrupcion140709.gif

                Empresas investigadas polo Tribunal de contas, agora son beneficiadas con contratos da Xunta.

                 A chamada cidade da cultura é un come cartos e un impresentable foco  de corrupción.

                 Cando se acordou a construcción do disparate, altos cargos da Xunta montaron empresas, que viviron á sombra de contratos, que lles foron adxudicados pra obras, suministros e chapuzas diversas; hai unha longa lista de empresas que se crearon ad hoc, algunhas pouco antes do contrato adxudicado e que non tiveron mais actividade.

                 O Tribunal de Contas tiña en investigación algunha destas empresas, que non tiveron relación coa Xunta durante o Bipartito; pero agora, curiosamente, aparecen con contratos coa Xunta de Feijoo, adxudicados a dedo, claro, entre eles a páxina web da Xunta, que se pretende converter, en lugar dun órgano de información, non medio de propaganda.

                  Estas son corruptelas á marxe de Gürtel, na que teñen o dubidoso pracer de figurar.

                  A amoralidade, ou mais ben, a podredume na que algunhos se desenvolven, failles ver como normais actos  de clara corrupción.

                   En Castela León a fiscalía está investigando á trama Gürtel na autonomía. En Galicia, de momento, parece que é un refuxio seguro. Coas sospeitas que hai, pregúntome: quén é o Don Vito na Comunidade autónoma, coa longa lista  de presuntos implicados.  Se o evento da Selección de Fútbol,  o organiza Gürtel, estába feito;  o Director Xeral de Deportes foi un alto cargo de Esperanza relacionado coa trama. Feijoo, pra despexar toda dúbida, vosoutros diredes ¡cal?, deulle unha aperta en público e ratificouno no cargo. Supoño que este xesto en nada se lle parece ós do fútbol, que cando se ratifica a un entrenador é pra cesalo; pero non creo que  sexa o caso, terían que chimpar a moitos, ó mellor, empezado por el mesmo; o xesto que lle vimos e outros do seu entorno, demostra que é un experto en navegar polas augas procelosas.

                   A oposición quere que  se investigue a compra do local da FEGAS (Escola Galega de Sanidade) e a sede do PP en Santiago. Pachi Vázquez do PSOE amosouse moi combativo no tema, e quere a que se cree unha comisión parlamentaria de investigación; o PPg  non está pola labor, di que non hai nada que investigar, xa abriu unha investigación interna e non atoparon nada. Eso faime pensar en que si hai algo sospeitoso; senón, ¿por qué tratan de votarlle terra ó asunto?. Pra intimidar a Pachi Vázquez encargaron ó primo unha auditoría da sede de SOGAMA e, oh milagre atoparon un sobreprezo nos moves de 200.000, euros, e lanzan a sospeita de que se utilizaron pra financia-lo PSOE, -reflexionado: 2.00.000, euros e moves-, !fóiselles a man!. O mais do mais, se o PSOE renuncia á investigación eles tamén o fan.

                 Acusar sen fundamento, solo pra camufla-lo propio cheiro irrita á xente. E os aludidos, neste caso o que foi xerente de SOGAMA, logo de precisar que tódolos  gastos se fixera co coñecemento e  asentimento do PPg. Anunciou a interposición dunha querela criminal contra Rueda  e Rivas.

 

27/10/2009 11:32 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris