Facebook Twitter Google +1     Admin

O MEDULIO

20100104104200-cesar-augusto.jpg

O dia do Medulio

con sangue quente e roxa

mercámo-lo dereito

á libre honrada chouza

                                                          Ramón Cabanillas

 

 

 

               Din que os antigos poboadores de Galicia, cando os romanos invadiron o noso pais, refuxiáronse no monte Medulio; cando a resistencia se fixo inútil, inmoláronse antes que caer na man do inimigo.

               Escribiuse:

 

... "os indíxenas ao ver chegada a fin da súa resistencia, a porfía danse a morte co lume e co ferro, no medio dunha comida, cun veleno que alí se extrae comunmente do teixo, librándose así a maior parte da escravitude que a unha xente ata entón indómita parecía máis intolerable que a morte

              Pregúnteme: qué foi daquel espírito, ¿acaso morreu?

              Baltar fillo intenta facerse forte en Ourense e resisti-los embates do poder autonómico; as hordas de Feijoo cabalgan polas   terras da Limia, prometen unha  especial protección pra pataca; mais probes delas como as traten do mesmo xeito que están tratando as vacas leiteiras; tamén pisan as terras do ribeiro e Monterrei, non respetan a viñas, aínda que traseguen ben o            viño; así seguen polas distintas bisbarras de Ourense, unha política que é como o lume, detrás deles deixan so  terra queimada.

              Baltar ten a súa idea da política e unha visión do pais, e moi particularmente de Ourense, que nada ten que ver coa folla de ruta  da actual dirección rexional do PP.

              Fronte as promesas que non  cumpre Feijoo, Baltar opón un pragmatismo pegado á realidade. Esto simplifica a elección, e mesmo semella que é doada a opción por Baltar, pero non é tan simple como parece; a vontade dos rexedores locais está condicionada polo poder, e o poder de Feijoo non ofrece dubidas, o mesmo  que súa decisión de utilizalo en  beneficio propio; poucos son os que dubidan de que Feijoo se vai empregar ó máximo, con toda caste de trucos, sen que senta asco polos sucios; non pode permitirse que o seu poder penda dun  fío, malia a que  presume dunha maioría ampla e homoxénea, non é  tan ampla, nin tan homoxénea; sacou menos da metade dos votos do censo electoral, concretamente un 40%, solo gana a maioría parlamentaria por un deputado.

              O poder provincial que ostenta Baltar pai, é un poder efémero e mudable, o que pode influír en non poucas vontades, de por si   xa volátiles.

              Baltar é da xeración dos fillos que ven a Galicia como a súa terra, unha Galicia nai, que pra Feijoo non pasa de ser unha mercadoría sen valor; temos que admitir, non sen pesar, que Feijoo non é o único que vende o que sexa e a quén sexa polo poder, e eso Baltar vaino a saber.

              Baltar quere facer de Ourense o seu Medulio,  non o vai ter doado; simpatizando cos mais febles e, supostamente, coas causas mais nobres, o meu voto, aínda que non vale nada, é pra Baltar.

                        Epílogo: os vosos comentarios, poñédeos, senón esto é moi soso.

                        A enquisa está enquista, pendente dun arranxo.

04/01/2010 10:42 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: recaman

Moi axeitada a lembranza ao episodio do Monte Medulio, para ilustrar a resistencia do pp ourensán ao poder omnimodo de Feijoó. A ver canto lles dura o conto...

Fecha: 04/01/2010 11:51.


Autor: lorcho

Bo artigo. Algo longo, pero ben traballado e ben narrado.
Aproveito para desexarche a ti e a todos os que len este blog un feliz ano santo 2010.
Saúdos dende Monfero

Fecha: 04/01/2010 11:55.


Autor: sempre en galiza

Exactamente, como ben se comenta no artigo de hoxe, un dos puntais da estratexia política de Baltar é o seu apego á cidadanía. Pasar do dito ao feito, unha axudiña por aquí, un empreguiño por alí, unha subvención por acolá...e iso a xente ben que o ten en conta.
Feijoó e os seus emisarios (véxase o super-delegado) dende a frialdade dos despachos, van ter un pouco difícil desmontar ese tinglado de intereses que leva anos tecendo o baltarismo na provincia de Ourense.
Por outra banda, eu tamén quero aproveitar esta mensaxe para desexar un bo ano para todos/as os que participan neste blog.
Chau

Fecha: 04/01/2010 12:05.


Autor: Pontevedrés

Lástima que se zumbaran entre unhos e outros. Penso que ao Feijoó saíulle unha china no zapato, que non é capaz de esmagar. O que nos imos rir de aquí en diante con este tinglado

Fecha: 04/01/2010 14:24.


Autor: piuxiño

Felices festas a todos e que teñades un venturoso ano 2010. Ano Xacobeo!!!
Por certo, é unha lástima que non esté dispoñible unha nova enquisa. A ver se non tarda moito.
Saudiños

Fecha: 04/01/2010 14:25.


Autor: Ronnie

Pois a min o que me provoca é ver como se tiran os trastos entre os da boina e os do birrete. E iso que calculábase que esta era unha liorta afogada coa sucesión modélica no seo do PPdeG.
Pois vaites, vaites...parece que ao señor presidentiño lle medran os ananos no seu propio partido. E que conste que o de anano para o señor Baltar non vai con segundas, eh!!!
jajajajja

Fecha: 04/01/2010 15:50.


Autor: sartalo

A miña opinión é que se os baltares non dan o seu brazo a torcer, nun futuro máis ou menos próximo imos cara a formación dun novo partido de centro dereita de corte galeguista. Ou sexa, algo así como a refundación dos centristas que se sumaron ao pp aló polo principio dos anos 90. Está clara que existen duas correntes ben diferenciadas que non se dan posto dacordo. Nin para ti, nin para min. Pois ala, cada quen polo seu lado. Mágoa que os partidos de esquerdas non aproveiten estas liortas para sacar algún rédito político. Mesmo parece que estan nos biosbardos...

Fecha: 04/01/2010 16:08.


Autor: Ramiro

Baltar designa a dedo ao seu fillo como lexítimo sucesor, como no seu día o gran cacique (Aznar) designou ao seu sucesor (Rajoy): a dedo.
No PP isto do dedo lévase moito, aínda que algúns dirían que o dedo podíano meter por onde todos sabemos e deixar que as bases do partido decidan democraticamente.

Fecha: 04/01/2010 19:28.


Autor: xanela

Do sr baltar hai pouco que contar, ou mellor dito, que merezca a pena contar hai moi pouco. Del só se pode decir que é un persoaxe que da asco oir como fala, que da noxo a sua maneira de comportarse e que, dende logo, por Ourense non fixo nada, absolutamente nada máis ca deixarnos en ridículo cada vez que abre a boca, porque pequeno é, pero ten a lengua moi longa e que bota veneno.
¡MENUDO PAILAN PRESIDE A DEPUTACION!

Fecha: 04/01/2010 19:35.


Autor: Cores

Cualquiera que sea de Ourense sabe que este señor tiene unas influencias tremendas y que ha cortado y manejado a su antojo durante demasiados años.
Una auténtica vergüenza.

Ourense es un pañuelo, y todo se sabe, y quien más y quien menos conoce a algún "beneficiado" por este señor dentro de su círculo de familia-amigos.
Repito, una vergüenza.

Fecha: 04/01/2010 20:23.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris