O MEDULIO
O dia do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza
Ramón Cabanillas
|
|
Din que os antigos poboadores de Galicia, cando os romanos invadiron o noso pais, refuxiáronse no monte Medulio; cando a resistencia se fixo inútil, inmoláronse antes que caer na man do inimigo.
Escribiuse:
“ | ... "os indíxenas ao ver chegada a fin da súa resistencia, a porfía danse a morte co lume e co ferro, no medio dunha comida, cun veleno que alí se extrae comunmente do teixo, librándose así a maior parte da escravitude que a unha xente ata entón indómita parecía máis intolerable que a morte |
Pregúnteme: qué foi daquel espírito, ¿acaso morreu?
Baltar fillo intenta facerse forte en Ourense e resisti-los embates do poder autonómico; as hordas de Feijoo cabalgan polas terras da Limia, prometen unha especial protección pra pataca; mais probes delas como as traten do mesmo xeito que están tratando as vacas leiteiras; tamén pisan as terras do ribeiro e Monterrei, non respetan a viñas, aínda que traseguen ben o viño; así seguen polas distintas bisbarras de Ourense, unha política que é como o lume, detrás deles deixan so terra queimada.
Baltar ten a súa idea da política e unha visión do pais, e moi particularmente de Ourense, que nada ten que ver coa folla de ruta da actual dirección rexional do PP.
Fronte as promesas que non cumpre Feijoo, Baltar opón un pragmatismo pegado á realidade. Esto simplifica a elección, e mesmo semella que é doada a opción por Baltar, pero non é tan simple como parece; a vontade dos rexedores locais está condicionada polo poder, e o poder de Feijoo non ofrece dubidas, o mesmo que súa decisión de utilizalo en beneficio propio; poucos son os que dubidan de que Feijoo se vai empregar ó máximo, con toda caste de trucos, sen que senta asco polos sucios; non pode permitirse que o seu poder penda dun fío, malia a que presume dunha maioría ampla e homoxénea, non é tan ampla, nin tan homoxénea; sacou menos da metade dos votos do censo electoral, concretamente un 40%, solo gana a maioría parlamentaria por un deputado.
O poder provincial que ostenta Baltar pai, é un poder efémero e mudable, o que pode influír en non poucas vontades, de por si xa volátiles.
Baltar é da xeración dos fillos que ven a Galicia como a súa terra, unha Galicia nai, que pra Feijoo non pasa de ser unha mercadoría sen valor; temos que admitir, non sen pesar, que Feijoo non é o único que vende o que sexa e a quén sexa polo poder, e eso Baltar vaino a saber.
Baltar quere facer de Ourense o seu Medulio, non o vai ter doado; simpatizando cos mais febles e, supostamente, coas causas mais nobres, o meu voto, aínda que non vale nada, é pra Baltar.
Epílogo: os vosos comentarios, poñédeos, senón esto é moi soso.
A enquisa está enquista, pendente dun arranxo.
10 comentarios
Cores -
Una auténtica vergüenza.
Ourense es un pañuelo, y todo se sabe, y quien más y quien menos conoce a algún "beneficiado" por este señor dentro de su círculo de familia-amigos.
Repito, una vergüenza.
xanela -
¡MENUDO PAILAN PRESIDE A DEPUTACION!
Ramiro -
No PP isto do dedo lévase moito, aínda que algúns dirían que o dedo podíano meter por onde todos sabemos e deixar que as bases do partido decidan democraticamente.
sartalo -
Ronnie -
Pois vaites, vaites...parece que ao señor presidentiño lle medran os ananos no seu propio partido. E que conste que o de anano para o señor Baltar non vai con segundas, eh!!!
jajajajja
piuxiño -
Por certo, é unha lástima que non esté dispoñible unha nova enquisa. A ver se non tarda moito.
Saudiños
Pontevedrés -
sempre en galiza -
Feijoó e os seus emisarios (véxase o super-delegado) dende a frialdade dos despachos, van ter un pouco difícil desmontar ese tinglado de intereses que leva anos tecendo o baltarismo na provincia de Ourense.
Por outra banda, eu tamén quero aproveitar esta mensaxe para desexar un bo ano para todos/as os que participan neste blog.
Chau
lorcho -
Aproveito para desexarche a ti e a todos os que len este blog un feliz ano santo 2010.
Saúdos dende Monfero
recaman -