Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A CONFUSION DO PUBLICO

A CONFUSION DO PUBLICO

  

                     A Conselleira do paro e malestar, Beatriz Mato, ten un acordo cunha empresa de altos cargos do PP, chamada PLEXUS,  pra valorar expedientes de asistencia. Os sindicatos denunciaron a Inspección de Traballo a presencia de,  polo menos, sesenta persoas contratadas por esta empresa, con acceso a documentación de administrados, desempeñando o papel de funcionarios públicos,  e usando medios públicos, etc, o que, de entrada, supón un delito de usurpación  de funcións.  A srª Mato compareceu e deu explicacións da presencia desta xente, mais ben, liou ós presentes e os confundiu. A culpa, como non, é do bipartito, que os contratou; apareceron agora por arte de maxia. A Fiscalía quizá estea nelo, o mellor está no de Garzón, quén o sabe; o mais seguro é que, nin os sindicatos, partidos políticos, ou Inspección de Traballo se denunciara nada. Confeso estou confundido, non acredito.

                     Pode que Beatriz Mato sexa competente, pero  disimúlao moi ben, non     demostra eficacia, nikn interés, converteu a Consellería de Traballo e Benestar, na consellería do paro e do malestar. Dende que goberna Feijoo o paro non deixou de medrar, según as súas palabras a culpa do paro en Galicia era do bipartito. Aplicando o mesmo argumento, agora a culpa é súa; certo que a que dirixe a area semella afogada polos problemas, non da mais de si, pero a culpa segue sendo súa, el a nomeou.

                        A xestión do Consorcio merece un apartado, xa que o converteu en múltiples chiringuitos do PP. As obras de galescolas en concellos da oposición quedaron paralizadas, alega que carecen de asignación orzamentaria. Si ela lle la sacou, si.  Estes argumentos choan co feito de que pra subastar unha obra ten que estar presupostada, algúns xa estaban na fase OK do gasto, cando a Conselleira decidiu suspendelas.

0 comentarios