Facebook Twitter Google +1     Admin

LINGUA HOSTIL

20100316121954-pancarta-1.jpg

 

 

                      Feijoo fai que a lingua galega sexa unha éstrana na súa terra; o galego vive coa Xunta do PP en terra hostil, do Decreto do Galego o mais salientable é a súa indefinición, que unido á regresión fai do Decreto un perigo incendiario pra convivencia social.  

                      Unha enquisa, da que non se soubo aínda o día de hoxe o seu verdadeiro resultado, a creación  artificial dun conflicto, os enfrontamentos lingüísticos, que nunca deberon xerarse e con elo toda a tensión social, houbéranse evitado si o goberno da Xunta se dedicara a gobernar e dar solucións ós problemas reais. A tensión social que se xerou, co galego, cumpriu a función de ter entretida á xente  e desvia-la súa atención de outros asuntos.

                      Faime gracia a valoración do Decreto que fai algún prócer dicindo que o Decreto restitúe a liberdade, eso evidencia, mais que nada, as carencias; garda unha paralela posición espacial e de expresión filosófica con Galicia Bilingüe e Manos Limpias, é dicir, a voz de FAES.

                       O Decreto e a política de crispación foi deseñada no seo de FAES, actuando como punta de lanza e coartada Galicia Monolingüe. Dende Xénova seguiuse moi de preto a elaboración do Decreto a sinaláronlle á Xunta a  Política lingüística que  tiña que levar, de feito o Decreto  no viu a luz sen o visto e prace de Xénova.

                        Pretendeuse vende-la unidade do PP de g sobre a política lingüística da  Xunta, nada menos  certo,         si non houbo unha revolta foi pola constante ameaza da fouce e a falta de compromiso, valorando mais os favores, recibidos u prometidos que as ideas, pero o polvorín está aí.

16/03/2010 12:19 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Jose Pnz

Eu pola miña parte, dentro do meu dereito se nas aulas da miña filla triunfa a opción castelán, con todo o meu dereito pedirei ao ano que ven praza nun colexio onde triunfara a outra opción.

Así cando cheguemos a primaria, haberá dúas comunidades lingüísticas separadas,

Como se consigue unha competencia lingúística semellante en dúas linguas, se aos alumnos se lle está dando distinta cantidade de input (mais en castelán que en galego)

Que parvada e iso de orientación pedagóxica os mestres pediranlle aos alumnos que por favor falen na outra lingua, porque claro non se pode impoñer. Isto so é un plan trazado para acabar pouco a pouco co galego fechandolle ambitos. Cando ata a miña filla castelanfalante polo morno que ate o de agora foi seu pai nuns exercicios dun caderno de verán dunh editorial tan pouco sospeitosa de galeguista como SM á pregunta de que cantos idiomas coñecía ou flaba respondía que dous e á pregunta que onde os falaba respondía que o galego no colexio.

E o meapilas de Conselleiro de politica lingüistica porque non esixe que o segundo canle da galega, sexa unha canle infantil en galego. Que nos interesa dinamizar o galego entre a xente de mais de 50 anos que aínda fala galego ou crear futuro para os nosos nenos engalego. Pero claro isto segundo non lles interesa. A Shin chan botarono da galega por inmoral, non adecuado para os nenos... e agora esta en antena tres e ninguen abre o peteiro.

Estes o que queren é como cantaba a brigada retranqueira é que Galicia mañana sea castellana e vanno conseguir como sexa...

Fecha: 16/03/2010 16:58.


Autor: Egs21

Algún día nun futuro non moi distante, a historia recollerá a traizón de Feijóo a Galicia. Deus e os galegos non queiran que se perda definitivamente a lingua dos pais dos pais dos nosos pais ... . Está a vender un dos sinais de identidade deste país por o prato de lentellas do pesebre madrileño. Pero na súa cegueira non se decata que á noite de pedra seguirán mil primaveras máis para o noso idioma.

Fecha: 16/03/2010 17:00.


Autor: Acarondosil

Os poderes públicos teñen a obriga de potenciar o uso do galego. Somos moitos os que non nos conformamos con potencialo " a medias". Ten que estar clara esa vontade, como tamén está nas leis.

Fecha: 16/03/2010 17:02.


Autor: Anónimo

Se alguén sabe da situación lingüística de Galicia son as xentes que están relacionadas co tema.

Ao goberno galego dixéronlle ben claro que o decreto ía en contra do galego, tanto a RAG como o CCG. Nese mesmo sentido se manifestaron unha serie de asociacións, intelectuais, o pobo nas manifestacións...

E, pese a todo isto, o goberno galego preferiu facer caso ás presións para non perder así un puñado de votos.

Está claro o caso que lle fan as nosas autoridades a institucións tan representativas da nosa cultura...

Fecha: 16/03/2010 17:05.


Autor: Eubensei

CANDO SE FAN PROMESAS INCUMPRIBEIS, E QUE ADEMAIS NON SON ACERTADAS, CORRESE O RISCO DE LEVAR A CABO O DESENEROLO DUNHA PROPOSTA QUE É UN COMPLETO DESVARÍO.

O DESENVOLVEMENTO DESTA, POLO QUE SE APONTA, TERÁ A ÚNICA VIRTUDE DE NON DEIXAR CONTENTO A NADIE.

A UNS PORQUE SE LHE PROMETEU UNHA ELEIÇAO " IMPOSIBLE DE APLICAR ". AGÁS UNHA DUPLICAÇAO DOS GRUPOS NO ENSINO CO INCREMETE DE CUSTO, E A OUTROS PORQUE SE LHE IMPON DUNHA FORMA DIRETA A IMERSAO EN CASTELÁN.

TAMÉN, PARA IMPULSAR A PRIVATIZAÇAO DA PÚBLICA, A PRIVADA EN TROQUES SE LHE DA A LIBERDADE DE ELEIÇAO COMO QUEIRAN.

Fecha: 16/03/2010 17:07.


Autor: Anónimo

PREGUNTA PARVA nº 1: los profesores cuidarán que los estudiantes adquieran competencias en la otra lengua oficial de Galicia" Cómo? Se as linguas aprendense falando e escoitando e en determinados centros non se vai oir un alalá Que competencia? A mariñeira? Vannos levar a unha marea no Ghran Sol?

PREGUNTA PARVA Nº 2: podrán expresarse en la lengua que quieran, pero habra una orientación pedagógica para que usen el gallego. Os mestres de xionllos implorando que usen galego?

Estes abducidos móvense nunha ambigüedade no que lles convén que lles permite que poida todo isto ser calqueira cousa

Fecha: 16/03/2010 18:31.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris