LINGUA HOSTIL
Feijoo fai que a lingua galega sexa unha éstrana na súa terra; o galego vive coa Xunta do PP en terra hostil, do Decreto do Galego o mais salientable é a súa indefinición, que unido á regresión fai do Decreto un perigo incendiario pra convivencia social.
Unha enquisa, da que non se soubo aínda o día de hoxe o seu verdadeiro resultado, a creación artificial dun conflicto, os enfrontamentos lingüísticos, que nunca deberon xerarse e con elo toda a tensión social, houbéranse evitado si o goberno da Xunta se dedicara a gobernar e dar solucións ós problemas reais. A tensión social que se xerou, co galego, cumpriu a función de ter entretida á xente e desvia-la súa atención de outros asuntos.
Faime gracia a valoración do Decreto que fai algún prócer dicindo que o Decreto restitúe a liberdade, eso evidencia, mais que nada, as carencias; garda unha paralela posición espacial e de expresión filosófica con Galicia Bilingüe e Manos Limpias, é dicir, a voz de FAES.
O Decreto e a política de crispación foi deseñada no seo de FAES, actuando como punta de lanza e coartada Galicia Monolingüe. Dende Xénova seguiuse moi de preto a elaboración do Decreto a sinaláronlle á Xunta a Política lingüística que tiña que levar, de feito o Decreto no viu a luz sen o visto e prace de Xénova.
Pretendeuse vende-la unidade do PP de g sobre a política lingüística da Xunta, nada menos certo, si non houbo unha revolta foi pola constante ameaza da fouce e a falta de compromiso, valorando mais os favores, recibidos u prometidos que as ideas, pero o polvorín está aí.
6 comentarios
Anónimo -
PREGUNTA PARVA Nº 2: podrán expresarse en la lengua que quieran, pero habra una orientación pedagógica para que usen el gallego. Os mestres de xionllos implorando que usen galego?
Estes abducidos móvense nunha ambigüedade no que lles convén que lles permite que poida todo isto ser calqueira cousa
Eubensei -
O DESENVOLVEMENTO DESTA, POLO QUE SE APONTA, TERÁ A ÚNICA VIRTUDE DE NON DEIXAR CONTENTO A NADIE.
A UNS PORQUE SE LHE PROMETEU UNHA ELEIÇAO " IMPOSIBLE DE APLICAR ". AGÁS UNHA DUPLICAÇAO DOS GRUPOS NO ENSINO CO INCREMETE DE CUSTO, E A OUTROS PORQUE SE LHE IMPON DUNHA FORMA DIRETA A IMERSAO EN CASTELÁN.
TAMÉN, PARA IMPULSAR A PRIVATIZAÇAO DA PÚBLICA, A PRIVADA EN TROQUES SE LHE DA A LIBERDADE DE ELEIÇAO COMO QUEIRAN.
Anónimo -
Ao goberno galego dixéronlle ben claro que o decreto ía en contra do galego, tanto a RAG como o CCG. Nese mesmo sentido se manifestaron unha serie de asociacións, intelectuais, o pobo nas manifestacións...
E, pese a todo isto, o goberno galego preferiu facer caso ás presións para non perder así un puñado de votos.
Está claro o caso que lle fan as nosas autoridades a institucións tan representativas da nosa cultura...
Acarondosil -
Egs21 -
Jose Pnz -
Así cando cheguemos a primaria, haberá dúas comunidades lingüísticas separadas,
Como se consigue unha competencia lingúística semellante en dúas linguas, se aos alumnos se lle está dando distinta cantidade de input (mais en castelán que en galego)
Que parvada e iso de orientación pedagóxica os mestres pediranlle aos alumnos que por favor falen na outra lingua, porque claro non se pode impoñer. Isto so é un plan trazado para acabar pouco a pouco co galego fechandolle ambitos. Cando ata a miña filla castelanfalante polo morno que ate o de agora foi seu pai nuns exercicios dun caderno de verán dunh editorial tan pouco sospeitosa de galeguista como SM á pregunta de que cantos idiomas coñecía ou flaba respondía que dous e á pregunta que onde os falaba respondía que o galego no colexio.
E o meapilas de Conselleiro de politica lingüistica porque non esixe que o segundo canle da galega, sexa unha canle infantil en galego. Que nos interesa dinamizar o galego entre a xente de mais de 50 anos que aínda fala galego ou crear futuro para os nosos nenos engalego. Pero claro isto segundo non lles interesa. A Shin chan botarono da galega por inmoral, non adecuado para os nenos... e agora esta en antena tres e ninguen abre o peteiro.
Estes o que queren é como cantaba a brigada retranqueira é que Galicia mañana sea castellana e vanno conseguir como sexa...