Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UNHA BAIXADA DE PANTALONS

UNHA BAIXADA DE PANTALONS

 

 

                Pro viaxe que fixemos coa  Lei de Caixas de Feijoo, houberámonos aforrado aquelas alforxas. Non é que me alede que nesta guerra haxa vencedores e vencidos, tampouco podemos cantar victoria, porque nos espera unha difícil negociación na que algúns van tragar moita quina; sen esperar o resultado da negociación xa temos unha visión da liorta, nela xacen derrotados os exércitos de Feijoo, Caixa Galicia e La Voz de Galicia e resucita un Xulio Fernández Gayoso, ó que quería enterrar en vida Feijoo. Pra esta viaxe non precisábamos armar esta guerra fracticida, que vai deixar fondas pegadas, sexa cal sexa o resultado, nin pelexarnos co famoso Zarrías; Feijoo, que demostrou ser un inepto en materia económica, pódelle a súa vena bullera; xa dividiu o pais co seu conflicto lingüístico e agora fabricou un conflicto financeiro pra enfronta-los galegos.

                Despois do que armou, querendo cargarse a Gayoso, ten o papo de erixirse en salvador do pais e facer que lidera as negociacións pra fusión das caixas, apropiándose deste feito, e poñendo a Gayoso como o cabaleiro branco, mellor faría, se é que quere facer algo positivo, sacarse de enmedio, deixar o protagonismo a outros e que siga dedicándose a cousas mais domésticas: oposicións, mocións de censura de Axuntamentos, vender fume, etc.; A fusión venlle grande.

                Se alguén mantivo a discreción, como se require nestes asuntos, foi o Director de Caixa Galicia, pero é tan zorro que en calquera momento pode sacar un coello do sombreiro. Si tivéramos que declarar a un vencedor sería a Gayoso; pero cuidadín, solo foi o primeiro asalto.

                 A Voz de Galicia resístese ó novo escenario e recórdalle a Feijoo a Lei recentemente aprobada, ó mesmo tempo que salienta a dimensión da Caixa Galicia, con mais sucursais que Caixa Nova, asustando ó persoal cunha división no territorio si prevalece o criterio de Caixa Nova. Hai dúas cousas que debemos ter en conta: non é cuestión do número de sucursais, senón de balance, é certo, as Caixas non son propiedade dos directores das mesmas, clara alusión ó director de Caixa Nova, pero tamén A Voz de Galicia debía deixar de enredar e deixar facer ós técnicos. Se non queren que haxa enfrontamentos Coruña-Vigo, que poñan a sede en Santiago, que fagan un edificio na que chaman Cidade da Cultura.

0 comentarios