Facebook Twitter Google +1     Admin

ROMPEU A CORDA, detida a culpable

20100426102054-el-gato-y-la-pistola.jpg

 

             Cen mil galegos preparando oposicións, unha burrada, eso danos unha idea de como anda o pais. Xa teñen asumido que haberá pucheirazos, se a eso se sumamos que é unha OP reducida, podémonos facer idea da desesperación. Tranquilos, con Feijoo no goberno, o paro desaparecerá, eso prométeo.

            Rompeu a corda, e como sempre  rompeu polo mais froxo. Atoparon  á culpable dos desaguisados na Función Pública; non era o gato, pero case, era unha subdirectora.

            Neste pouco, e intenso período de desgoberno, na Función Pública da Xunta pasou de todo, o de mais sona é o do amaño nas distintas probas selectivas.

              Foi listo Feijoo e listo Rueda, non queren que os queimen as irregularidades da Función Pública, unhas irregularidades que levan a súa sinatura; xa que, aínda que a Función Pública a enviaron pra Facenda, eles seguen mandando nela.

               Pra demostrar que fan exercicio de limpeza, cesan a unha subdirectora Xeral. Nin eles, nin o Director Xeral cesan, que son os que cortan o bacallao. Si o Director Xeral da Función Pública, o home Negreira en San Caetano, segue despachando con Rueda, está claro quen manda aí.

                Dubido moito que remataran os escándalos na Función Pública co cese de unha Subdirectora. Pode que remate cando xa non teñan mais chanhullos que facer. Terminará a gripe cando xa non haxa mais persoal.

 

26/04/2010 10:20 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: DeCantelo

..."non era o gato, pero casi" dis...ja,ja,ja
Moito me rin. Tes toda a razón, ao final aqui ninguen ten responsabilidade de nada...ata que atopan algún coitadiño a quen cargarlle o morto.

Fecha: 26/04/2010 10:50.


Autor: Anónimo

Exactamente, a culpa é do micho, coma sempre.

Fecha: 26/04/2010 10:51.


Autor: Desiderio

Home, sendo así, eu como que xa me quedo máis tranquilo!!!
E dicir que era unha simple subdirectora quen andaba detrás de tooooooooooodas as macanadas que se veñen facendo nas probas selectivas autonómicas (Xunta, SERGAS, chiringuitos varios), e nosoutros sen sabelo!!!
Menos mal que o gabinete Feijoo, coa verdade por diante, descubriu a trama, que si non...

Fecha: 26/04/2010 15:37.


Autor: Anónimo

Tal como dí o Autor, a corda sempre rompe polo lado máis débil, diso non hai dúbida. Moi propio de Feijoo...

Fecha: 26/04/2010 18:11.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris