Facebook Twitter Google +1     Admin

O ENCANTADOR DE VOTANTES

20100427105401-008-l.jpg

 

              Cabe preguntarse qué foi daquelas promesas que Feijoo debullo na campaña electoral. Algunhos dirán que é típico; que é típico de que en  campaña electoral se fagan promesas que nunca se pensan cumprir. Pode que sexa certo que se trate de un brindes ó sol e que haxa moita xente que non as cree, pero si, hai xente   que cree nas promesas, especialmente si se lles atribúe o carácter de contrato cos electores, como o aceno que fixo Feijoo.

             As eleccións parecen un concurso pra ver quen promete mais e cumpre menos. Non chega con prometer moito, tamén hai que mentir ben e ser bo  actor. Si houbera un óscar, o premio sería de Feijoo.

            Non chega con dicir, que non se puido cumprir pola  crise, porque cando se fixeron as promesas xa sabían que a había.

            Os convencidos seareiros están convencidos de que cumpre o prometido. Está visto, non  fai falta ser cego, solo chega con non querer ver.

             As contas orzamentarias de Feijoo non responden a un  criterio de austeridade, eso é a escusa que se busca pra recortar partidas orzamentarias de servicios básicos, mentres tanto engórdanse outras partidas respondendo unicamente a criterios ideolóxicos. Nade pode negar a existencia de crise, pero o  cuestionable é a distribución das distintas partidas; así, non se reducen, antes ben increméntanse, as transferencias a particulares,  certos gastos suntuarios, gastos de propaganda. Nas Consellerías tamén hai un trato distinto: sube Presidencia, baixan  as que prestan servicios.

 

 

 

 

27/04/2010 10:54 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris