Facebook Twitter Google +1     Admin

OPOSICIONS, SUCIAS E LENTAS

20100520103957-012-06.jpg

 

         O goberno da Xunta amagou con dictar novas normas pra garantir a imparcialidade e limpeza. Alguén tomou a cousa en serio e propuxeron un sistema informático co que se garantizaría a limpeza. Ademais os membros dos tribunais, que xulgaran as probas, serían designados por sorteo.

         Ese alguén debeuse crer que a Xunta  tiña intres en facer probas limpas. Non é cuestión de que o acceso ó emprego público  dos responsables da Xunta fora escuro, o mellor si, e por eso teñan esa tendencia en manter esa incomprensible nebulosa de dúbida.

         A modificación das regras do xogo, co partido xa iniciado, como fixeron o acceder ó poder, era un indicio claro de como se ían a desenrolar as probas.

         Por si alguén cría cos paxaros mamaban, a  Xunta  xa os espertou do seu soño, e descartou adoptar as ideas propostas pra garantir a limpeza nas oposicións. As chapuzas, ou os chanchullos na probas, foron elaborados con aleivosía, non foron froito da casualidade, nin de duendes enredosos.  As distintas intervencións dos responsables do PPg  foron moi elocuentes.

         Si as tan manidas irregularidades foron, de seu, tan escandalosas, opositores, que xa superaron as probas selectivas, en numero de mais de 1.500, agardan, dende, hai mais dun ano por destino; nese tempo, a Xunta coa velocidade dun caracol, destinou a pouco mais dun cento. Nun deses caneos, a Xunta, xusto cando  ía a adxudicar destino ós inspectores da Axencia de Legalidade Urbanística suprimiu cinco postos, ocupados de antemán por persoal, digamos, non fixo.

20/05/2010 10:39 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: De Cantelo

Érache boa se colara...Rueda promovendo normas para a limpeza nos procesos selectivos. O que nos faltaba por oír!!!

Fecha: 20/05/2010 10:54.


Autor: Verducido

Ja,ja,ja...moito me rin co conto do caneo aos opositores. Xusto cando pensaban que ían elexir destino...zas!!! un amago por aquí, un quebro por alá, e o proceso adiado de novo. Para que despois digan que Rueda non ten cintura política

Fecha: 20/05/2010 11:33.


Autor: Recamán

O único camiño que fai viable de cara o futuro a administración e promover políticas de eficacia, rendibilidade e productividade nos empregados públicos. Pero para iso, o primeiro sería regular de maneira clara o acceso a propia función pública. Evidentemente, isto supón entendela como servizo aos cidadans, e non servirse deles, e cumprir o mandato constitucional que fala de meritaxe e capacidade...non de valerse das probas de acceso como instrumento en mans dos comisarios políticos de turno.
Queda moito por facer neste eido. Daquela a pregunta é ¿Está capacitado Rueda para levar adiante unha reforma seria da Administración Galega? Non, moralmente non o está, e dubido que o esté en cuanto a súa verdadeira preparación. Asi que, que Deus nos colla confesados

Fecha: 20/05/2010 15:43.


Autor: Desiderio

O de lentas ten unha explicación...que non vos enterades!!!
Feijoó e o seu equipo liliput, descubriron coas listas da dependencia que canto máis se tardaban en resolver os procesos menos ían quedando...porque morrían polo camiño de vellos.
O que pretenden estes da función pública é que a xente chegue a idade da xubilación antes de empezar a traballar...ou que estire a pata polo camiño.
Si non son listos nin nada!!!

Fecha: 20/05/2010 16:00.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris