OPOSICIONS, SUCIAS E LENTAS
O goberno da Xunta amagou con dictar novas normas pra garantir a imparcialidade e limpeza. Alguén tomou a cousa en serio e propuxeron un sistema informático co que se garantizaría a limpeza. Ademais os membros dos tribunais, que xulgaran as probas, serían designados por sorteo.
Ese alguén debeuse crer que a Xunta tiña intres en facer probas limpas. Non é cuestión de que o acceso ó emprego público dos responsables da Xunta fora escuro, o mellor si, e por eso teñan esa tendencia en manter esa incomprensible nebulosa de dúbida.
A modificación das regras do xogo, co partido xa iniciado, como fixeron o acceder ó poder, era un indicio claro de como se ían a desenrolar as probas.
Por si alguén cría cos paxaros mamaban, a Xunta xa os espertou do seu soño, e descartou adoptar as ideas propostas pra garantir a limpeza nas oposicións. As chapuzas, ou os chanchullos na probas, foron elaborados con aleivosía, non foron froito da casualidade, nin de duendes enredosos. As distintas intervencións dos responsables do PPg foron moi elocuentes.
Si as tan manidas irregularidades foron, de seu, tan escandalosas, opositores, que xa superaron as probas selectivas, en numero de mais de 1.500, agardan, dende, hai mais dun ano por destino; nese tempo, a Xunta coa velocidade dun caracol, destinou a pouco mais dun cento. Nun deses caneos, a Xunta, xusto cando ía a adxudicar destino ós inspectores da Axencia de Legalidade Urbanística suprimiu cinco postos, ocupados de antemán por persoal, digamos, non fixo.
4 comentarios
Desiderio -
Feijoó e o seu equipo liliput, descubriron coas listas da dependencia que canto máis se tardaban en resolver os procesos menos ían quedando...porque morrían polo camiño de vellos.
O que pretenden estes da función pública é que a xente chegue a idade da xubilación antes de empezar a traballar...ou que estire a pata polo camiño.
Si non son listos nin nada!!!
Recamán -
Queda moito por facer neste eido. Daquela a pregunta é ¿Está capacitado Rueda para levar adiante unha reforma seria da Administración Galega? Non, moralmente non o está, e dubido que o esté en cuanto a súa verdadeira preparación. Asi que, que Deus nos colla confesados
Verducido -
De Cantelo -