Facebook Twitter Google +1     Admin

DISCURSO GRAVADO

20100608110043-3333.jpg

 

 

            As opinións dos blogueiros, que deixaron nos comentarios de onte, fixéronme sorrir. Imaxineime a Rajoy deitado no sobrado, vendo pasa-lo cadáver de Zapatero; porque pra colle-lo poder non precisa facer mais; o PP non precisa gañar porque Zapatero empéñase en perder. Ós alemáns preguntándose quén será ese glorioso líder das terras de Brigantium, que coa súa voz pregoa na nación de Breogán milagrosas recetas pra crise.

           Que Feijoo repite, como un autómata, o mesmo discurso de sempre, reproducción do de Xénova, ou mais ben da factoría de FAES,  próbao que, a miúdo, diga que o PP é incompatible coa corrupción. Magoa que os feitos veñen contradicindo o seu discurso. Non fai falla rebuscar na operación retablo, en contratos, no parque móbil, e un longo etc. O caso de Gondomar, a mais de enrarece-las relacións políticas e sociais, trasládase ós foros de opinión. O pronunciamento do xurado popular, esixe que o PPg non pase de puntillas sobre o asunto. E busque desvia-la atención con imaxinarias corruptelas da oposición.

            As declaracións de Feijoo, lonxe de evidenciar unha ética, desataron unha viva polémica na redacción dixital de EL PROGRESO. Nin o PP, nin Feijoo saían moi ben parados. Concluían a maioría, sen xeneralizar, PP e corrupción teñen moitos encontros.

            A gran sorte do PP é ter quen lle leve ó poder sen que teñan que facer nada. Polo de pronto Feijoo xa anda na procura do padriño Aznar.

08/06/2010 11:02 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Boullosa

Efectivamente, como nas películas de indios...
Deitarse á orilla e agardar a ver o cadaver do teu inimigo pasar rio abaixo...

Fecha: 08/06/2010 11:42.


Autor: Leborán

Feijoó sabe o que é gañar unhas eleccións porque as perderon os outros. Cando hai un ano se desfixo o bipartito polas liortas entre eles, o goberno da Xunta caeulle ao PP coma fruta madura.
Pois ben...en Madrid, se non me engano moito, terminará por pasar exactamente o mesmo. Rajoy tan so ten que agardar a que Zapatero se pegue o gran tortazo, e o poder achegarase paseniño ás súas mans...ainda que non faga nada.

Fecha: 08/06/2010 17:45.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris