Facebook Twitter Google +1     Admin

MILAGRO

20100610102838-437719557-1b4720583e.jpg

 

 

           Un resiste do mellor xeito posible a propaganda, pero algunhas persoas teñen unha perseveranza na exposición dos seus argumentos que, cando menos prodúcenos un aturdimento, que nos impide discerni-la verdade da fantasía.

           Houbo un político que sentiu a necesidade de enche-lo seu ego facéndose notorio nun pais que el admiraba. Daba subvencións a universidades pra que o convidaran a dar conferencias. Dirixíndose dende a tarima ó seu público, nun macarrónico inglés, quería que sentiran a súa talla de estadista, non lle importaba ser pequeno, nin  sequera baixo; porque o home é solo home dos ombros pra riba. O de aquel francés que se refería a el como o pequeno español, non facía senón convencelo da decadencia da vella Europa.

          O que lle preocupaba era gaña-lo recoñecemento do pais por el admirado, destinou mais de dous millóns de euros en gañar vontades pra conquerir unha condecoración, pero non o conseguiu, eso foi o seu meirande fracaso persoal.

           Conseguiu colar a España na sociedade europea, aínda que pra dar cumprimento ós parámetros económicos tivera que vender todo o que de valor tiña o estado. O pais cumpriu cos parámetros, pero seguiu cos mesmos alicerces pro seu desenrolo económico. O que algúns chaman milagre español, non  deixou de ser un lostrego, que iluminou un momento o noso negro horizonte coa venta das nosas xoias. Cando a bonanza do ladrillo tocou o seu fin, o castelo de naipes derrubouse.

           Pra facer mais grande a desgracia, o novo inquilino da Moncloa viviu na fantasía, sen preocuparlle a realidade do pais.

           Desprestixia-lo pais en canto foro se atopa, mais que reivindica-la grandeza do personaxe, faino, ademais de baixo e pequeno, anano.

           Pros galegos deixounos no recordo a meirande catástrofe. O Prestige; pero tampouco podemos esquece-lo de Atocha, a guerra de Iran, etc. Hai personaxes que estaban mellor desaparecidos. Solo espero que o pobo siga tendo memoria.

 

10/06/2010 10:29 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Ventureiro

A memoría é débil...e as tentacións fortes!!!
Máis o pobo é sabio, non o esquezades

Fecha: 10/06/2010 19:39.


Autor: Berzoteiro

O máis fodido deste choio é que detrás do innombrable ven un inútil maior, como o Zapatero, que o fai pasar por bo...acollonante!!!
Agora por riba vai quedar na historia de España como un salvapatrias, cando a presunta recuperación economíca aznariana baseouse en vender todas as xoias da coroa, e deixar ao Estado espido.
O dito, todos os cabróns teñen sorte.

Fecha: 10/06/2010 19:43.


Autor: Cesantes

Jopé macho, lúceste coas fotos que elixes. Onte o mico cos collóns ao aire, saíndolle un rato no rabo...e hoxe o demo co pelo largo e enseñando os dentes!!!
Noraboa polo blog dende Redondela

Fecha: 10/06/2010 19:45.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris