MILAGRO
Un resiste do mellor xeito posible a propaganda, pero algunhas persoas teñen unha perseveranza na exposición dos seus argumentos que, cando menos prodúcenos un aturdimento, que nos impide discerni-la verdade da fantasía.
Houbo un político que sentiu a necesidade de enche-lo seu ego facéndose notorio nun pais que el admiraba. Daba subvencións a universidades pra que o convidaran a dar conferencias. Dirixíndose dende a tarima ó seu público, nun macarrónico inglés, quería que sentiran a súa talla de estadista, non lle importaba ser pequeno, nin sequera baixo; porque o home é solo home dos ombros pra riba. O de aquel francés que se refería a el como o pequeno español, non facía senón convencelo da decadencia da vella Europa.
O que lle preocupaba era gaña-lo recoñecemento do pais por el admirado, destinou mais de dous millóns de euros en gañar vontades pra conquerir unha condecoración, pero non o conseguiu, eso foi o seu meirande fracaso persoal.
Conseguiu colar a España na sociedade europea, aínda que pra dar cumprimento ós parámetros económicos tivera que vender todo o que de valor tiña o estado. O pais cumpriu cos parámetros, pero seguiu cos mesmos alicerces pro seu desenrolo económico. O que algúns chaman milagre español, non deixou de ser un lostrego, que iluminou un momento o noso negro horizonte coa venta das nosas xoias. Cando a bonanza do ladrillo tocou o seu fin, o castelo de naipes derrubouse.
Pra facer mais grande a desgracia, o novo inquilino da Moncloa viviu na fantasía, sen preocuparlle a realidade do pais.
Desprestixia-lo pais en canto foro se atopa, mais que reivindica-la grandeza do personaxe, faino, ademais de baixo e pequeno, anano.
Pros galegos deixounos no recordo a meirande catástrofe. O Prestige; pero tampouco podemos esquece-lo de Atocha, a guerra de Iran, etc. Hai personaxes que estaban mellor desaparecidos. Solo espero que o pobo siga tendo memoria.
3 comentarios
Cesantes -
Noraboa polo blog dende Redondela
Berzoteiro -
Agora por riba vai quedar na historia de España como un salvapatrias, cando a presunta recuperación economíca aznariana baseouse en vender todas as xoias da coroa, e deixar ao Estado espido.
O dito, todos os cabróns teñen sorte.
Ventureiro -
Máis o pobo é sabio, non o esquezades