Facebook Twitter Google +1     Admin

20100702104023-austeridad-1.jpg

          Alberte, o austero, o que ía a arranxalos despilfarros en tres meses, descúbrase como o meirande fraude da democracia. Como home recto, adxudicoulle os contratos, sen publicidade, pra varios proxectos informáticos a una sobriña de Romay Becaría, seu padriño político. As necesidades do contrato, ó revés do normal, xurdiron dos contratos.  Anulou varios cotratos adxudicados en firme, indemnizou os beneficiarios e adxudicounos, por adxudicación directa a supostos patrozinadores da súa campaña. El, e o seu goberno íanse mover por Galicia  en transporte público, pero xa vemos a forma austera de xestionar o parque móbil, renovando a flota con modelos  de alta gama e adxudicando contratos de aluguer de vehículos a empresas creadas solo con ese fin. Lonxe de adelgaza-la Administración; consolida os chiringuitos,  creas as Superdelegacións da Xunta, co único obxectivo de te-lo  control político. Pra  presentar esta  reforma como un aforro di que suprime ás Delegacións Provinciais das Consellerías. O que fai, é simplemente mudarlles o nome, pasando a chamarlles Servicios Territoriais, equiparándoos a Subdirectores Xerais e incrementándolles o soldo en 300  euros,  Seguiremos.

02/07/2010 10:40 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris