Facebook Twitter Google +1     Admin

FEIJOO O AUSTERO POSTRADO

20100703111315-bbl1034-p112.jpg

          Si xa non nos collen de sorpresa as machadas de Alberte, o austero. Cansa asistir impotentes os asaltos ó Tesouro da autonomía. Estou seguro que pensa que a caixa dos cartos da Xunta é súa, e que lles pode repartir ós seus o diñeiro de todos.

         Mais que facer unha relación das feitorías, que son moitas, pregúntome de si os electores son conscientes, e por  tanto, cómplices destas maneiras de gobernarnos.           

         Non se conforma Feijoo con repartir diñeiro ós seus, como no caso da estrada do norte, ou dos muíños de vento, tamén pensa en si mesmo e promociónase por España adiante á conta nosa.

          Estou asombrado do que soporta o pais. Cada vez convénzome mais de que o único importante dun goberno é saber vender ben a burra. Un bo servicio de propaganda fai ver dereito o camiño mais torto.

          Canto falou  da sala de consellos, do luxo das cadeiras, quizá tiña razón, pero a que tiña perdeuna usándoa e mercando as da cidade da incultura.

          Feijoo é  consciente da influencia da propaganda, a alguén recordaralle os tempos da guerra civil e o mais duro do franquismo Feijoo, ademais do goteo de subvencións puntuais a algúns medios, ten previsto iniciar unha campaña publicitaria de mil millóns das antigas pesetas. Menos austeridade, eso pode ser un xeito de despilfarro e alienación, inaudito.

03/07/2010 11:20 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris