Facebook Twitter Google +1     Admin

CUESTIONADA

20100708111254-092007-guardando-la-c3-a9tica-en-el-armario.jpg

 

          Unha causa é prometer, e outra distinta facer. Os indicadores económicos de Galicia van peor do esperado. Non se poden tapa-las carencias, nin as falcatruadas dando xenerosas subvencións a medios pra que conten a  historia a xeito do protagonista. Certo é que, unha axeitada desinformación contribúe a formar un estado de opinión, que nos pode inducir a pensar que estamos no paraíso.

          Cando imos camiño do ecuador temos mas que dereito a saber toda a verdade sobre os éxitos e as miserias do goberno autonómico. Non me refiro a problemas de cotilleo, sobre cousas do corazón  dos conselleir@s. Moitos pregúntanse pola suposta noiva de Feijoo, qué había de realidade naquela relación, pero eso carece de importancia.

          O realmente importante é saber que pasa co paro. Non se pode dar por bo uns contratos feitos o abeiro dun acontecemento puntual  e dunha estacionalidade. Feijoo, nunha entrevista gabouse de que a destrucción de emprego diminuíra , xa non seguía  ó ritmo do que o facía co bipartito. Pensemos que a lixeira mellora é estacional, os contratos, na case totalidade foron provisionais, como no resto de España, polo que hai que ser mais realista. Incluso, chegará o momento en que se arranxe o do paro, por falta de material. Pouco nos importa o goberno pasado, non queremos camiñar de  cu, queremos ir pro  futuro de fronte e con ilusión.

08/07/2010 11:13 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris