Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A MEDIAS

A MEDIAS

      Na xunta votaron contas, e cada galego terá que pagar 520 euros o ano de impostos,  debido á subida do IVE. O xeito de face-las cousas e baixando os impostos como fixo a Xunta. En parte estou de acordo. Nembargantes votei contas e non sei donde sacaron eso dos 520. Demagoxia. Non é momento de demagogos, é momento de xente responsable.

      Zapatero  foi un irresponsable. O dos catrocentos euros, o do cheque  bebe supuxo o cese do entón Ministro de Facenda, porque non quería ser cómplice da desfeita de gastar o que non había, pero Feijoo deunos unha lección coa súa receta: baixa-los impostos pra compra da segunda vivenda, favorece-los mais ricos. Os mileuristas mal poden mercar unha vivenda, menos unha segunda, hai que axudar ós ricos, os pobres non merece a pena axuda-los, votaran o que lles manden.

      É doado ser demagogo posicionándose contra a subida de impostos, porque se pagan por imposición, non por vontade. Así que solo estou de acordo con Alberto, o austero, en que esto da suba do IVE  non é a solución, polo menos a única, nin a mais xusta.

      O colmo da demagoxia é esa baixada de impostos da que se gaba Feijoo; baixada simbólica pra segunda vivenda.¿ Poden os pobres mercar unha segunda vivenda?. ¿intentan volver a inchar a burbulla urbanística?. ¿Hai Intereses de promotores?. Seguro que de todo.

 

0 comentarios