Facebook Twitter Google +1     Admin

O FONTANERO QUE QUIXO SER TOUPO

20100806103259-dscn0792.jpg

.

           Hai poucas cidades en Galicia que non dispoñan de roldas  de circunvalación. Tal circunstancia débese a que os núcleos urbanos non está deseñados pra soportar o tráfico rodado de hoxe. Tamén a conveniencia de crear espacios peatonais.

          Das grandes capitais, Pontevedra ven sendo a excepción. A culpa é dos gobernantes e da oposición. Non poden escudarse na oposición dos propietarios. A política comporta servidumes, e esa é unha delas.

          Os plenos municipais de Pontevedra, cando se trata do tráfico, son cómicos, moven á  hilaridade. Telmo, que ademais de ser oposición, oponse a todo, deu coa solución: a vía  de circunvalación debe ir soterrada; así, en superficie todo sería  edificable.

          A circunvalación soterrada nun espacio libre de edificacións é unha extravagancia, que solo se lle podía ocorrer a quen soña con tubos, ou ten complexo de toupa. Non solo resultaría inviable polo caro da construcción, deixaría pendentes as infraestructuras e urbanización; eso si, contentaría ós propietarios e os especuladores.

          Por si acaso, Telmo  conta con algúns caciquiños locais ós que lles prometeu que as súas leiras converteríanse en solares e a estrada iría polas leiras dos veciños.

          O de non estar a circunvalación feita a culpa é Lores, segundo é. Aínda que é evidente que a culpa súa e de Feijoo.

06/08/2010 10:32 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Pontevedrés

Áxil estivo hoxe Mosquera ao sacar á luz a desfeita de circunvalación que a Xunta ten prevista para Pontevedra, particularmente na zona dos Areais (¡¡¡Atravesando unha autovía que baixa de Montecelo e vai cara a rotonda que fixeron diante da Cultural e despois a Paloma e a UNED!!!).
Puxo enriba da mesa a realidade, tal como o concelleiro nacionalista manifestou hoxe na prensa local: "a consellería da COTOP é un despelote", no que primeiro deseñan sobre plano sen achegarse á realidade...cando se dan conta que non se pode realizar, dan marcha atrás e enguedellan alentando plantaformas de afectados (coño, afectados por eles mesmos!!!).
En fin, un cachondeo.

Fecha: 06/08/2010 14:14.


Autor: Val miñor

Non se pode negar que nesta táctica do despiste, na que o PP local e a Consellería xogan a emborrallalo todo, para ao final botarlle a culpa a Lores, están a ser eficaces. O tempo pasa, e o goberno do Bng está cada vez máis afogado porque non se invirte un peso na cidade.
Para min trátase dun asedio político de acoso e derribo en toda regra, fragrante!!!, e a cidadanía de Pontevedra non son máis que reféns nesta liorta

Fecha: 06/08/2010 16:04.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris