O FONTANERO QUE QUIXO SER TOUPO
.
Hai poucas cidades en Galicia que non dispoñan de roldas de circunvalación. Tal circunstancia débese a que os núcleos urbanos non está deseñados pra soportar o tráfico rodado de hoxe. Tamén a conveniencia de crear espacios peatonais.
Das grandes capitais, Pontevedra ven sendo a excepción. A culpa é dos gobernantes e da oposición. Non poden escudarse na oposición dos propietarios. A política comporta servidumes, e esa é unha delas.
Os plenos municipais de Pontevedra, cando se trata do tráfico, son cómicos, moven á hilaridade. Telmo, que ademais de ser oposición, oponse a todo, deu coa solución: a vía de circunvalación debe ir soterrada; así, en superficie todo sería edificable.
A circunvalación soterrada nun espacio libre de edificacións é unha extravagancia, que solo se lle podía ocorrer a quen soña con tubos, ou ten complexo de toupa. Non solo resultaría inviable polo caro da construcción, deixaría pendentes as infraestructuras e urbanización; eso si, contentaría ós propietarios e os especuladores.
Por si acaso, Telmo conta con algúns caciquiños locais ós que lles prometeu que as súas leiras converteríanse en solares e a estrada iría polas leiras dos veciños.
O de non estar a circunvalación feita a culpa é Lores, segundo é. Aínda que é evidente que a culpa súa e de Feijoo.
2 comentarios
Val miñor -
Para min trátase dun asedio político de acoso e derribo en toda regra, fragrante!!!, e a cidadanía de Pontevedra non son máis que reféns nesta liorta
Pontevedrés -
Puxo enriba da mesa a realidade, tal como o concelleiro nacionalista manifestou hoxe na prensa local: "a consellería da COTOP é un despelote", no que primeiro deseñan sobre plano sen achegarse á realidade...cando se dan conta que non se pode realizar, dan marcha atrás e enguedellan alentando plantaformas de afectados (coño, afectados por eles mesmos!!!).
En fin, un cachondeo.