Facebook Twitter Google +1     Admin

O CREDITO

20110112105027-zorro-saco.jpg

        Pode que os medios de comunicación afíns e os que se manexan como propios, así como o adecuado engraxe, axude a crear e manter unha imaxe idílica eirreal da situación sociolóxica e económica do pais. Non fai falla ser un avezado analista pra  concluír que crédito de Feijoo esgotouse antes de chegar á metade da lexislatura,  xa que único logro que pode amosar é a súa política  de  deconstrución.

        A xestión de Feijoo realízase nos medios de comunicación, fora deles nada existe; a un pais que vive así nunha nube espéralle un triste futuro. Ós cidadáns son os que lles corresponde dar o veredicto nas furnas. Se eles se senten  ben estando en paro, se sente ben cunha sanidade privatizada, concibida unicamente como negocio, e na que as listas de espera medran de xeito exponencial, se se senten ben suprimíndolles o seguro ós mariñeiros, dando trato de favor a empresas vencelladas ó partido, esquecéndose da xente do mar, se  se senten mellor baixándolles os impostos directos, mentres se incrementan   os indirectos, cun crecemento monstruoso da débeda, se se senten mellor cunha política de enchufe e  todo tipo de escurantismos pra acceder á Función Pública, se se senten ben suprimíndolles os comedores escolares e marxinando o ensino público, superfinanciando o ensino privado, especialmente   o ideolóxico, se se senten ben co abandono do sector forestal, coa ruína do agro, boicoteando calquera industria   que non sexa afín ó partido, se se senten ben explotando os recursos naturais empresas sen outro mérito que a afinidade co PP, es se lles furta  calquera beneficio á xente do contorno e os propietarios dos  terreos, se se senten ben co incremento da desprotección social, se se senten ben vendo como dende a Xunta se da trato de privilexio ós concellos gobernados polo PP, se se senten  ben que dende Deputacións gobernadas polo PP se desestabilice ós gobernos dos concellos, se lles parece ben que a calidade na construción non importe, mentres se incrementa o beneficio dos promotores, Galicia pasa a ser un inmenso solar, as poucas estradas que se proxectan son de capital privado, pagando a Xunta un canon, e dicir nos, utilicemos ou non  esas vías. A min, que me paren o mundo, que me baixo.  Non me sinto ben.                                     

12/01/2011 10:50 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris