O CREDITO
Pode que os medios de comunicación afíns e os que se manexan como propios, así como o adecuado engraxe, axude a crear e manter unha imaxe idílica eirreal da situación sociolóxica e económica do pais. Non fai falla ser un avezado analista pra concluír que crédito de Feijoo esgotouse antes de chegar á metade da lexislatura, xa que único logro que pode amosar é a súa política de deconstrución.
A xestión de Feijoo realízase nos medios de comunicación, fora deles nada existe; a un pais que vive así nunha nube espéralle un triste futuro. Ós cidadáns son os que lles corresponde dar o veredicto nas furnas. Se eles se senten ben estando en paro, se sente ben cunha sanidade privatizada, concibida unicamente como negocio, e na que as listas de espera medran de xeito exponencial, se se senten ben suprimíndolles o seguro ós mariñeiros, dando trato de favor a empresas vencelladas ó partido, esquecéndose da xente do mar, se se senten mellor baixándolles os impostos directos, mentres se incrementan os indirectos, cun crecemento monstruoso da débeda, se se senten mellor cunha política de enchufe e todo tipo de escurantismos pra acceder á Función Pública, se se senten ben suprimíndolles os comedores escolares e marxinando o ensino público, superfinanciando o ensino privado, especialmente o ideolóxico, se se senten ben co abandono do sector forestal, coa ruína do agro, boicoteando calquera industria que non sexa afín ó partido, se se senten ben explotando os recursos naturais empresas sen outro mérito que a afinidade co PP, es se lles furta calquera beneficio á xente do contorno e os propietarios dos terreos, se se senten ben co incremento da desprotección social, se se senten ben vendo como dende a Xunta se da trato de privilexio ós concellos gobernados polo PP, se se senten ben que dende Deputacións gobernadas polo PP se desestabilice ós gobernos dos concellos, se lles parece ben que a calidade na construción non importe, mentres se incrementa o beneficio dos promotores, Galicia pasa a ser un inmenso solar, as poucas estradas que se proxectan son de capital privado, pagando a Xunta un canon, e dicir nos, utilicemos ou non esas vías. A min, que me paren o mundo, que me baixo. Non me sinto ben.
0 comentarios