Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PODE SUCEDER DE NOVO

 

  Os que seguen o xuízo do Prestige estes días está asombrados das declaracións de López Sors. Que era Director da Marina Mercante cando o acédente do Prestige. Non é de estrañar que as cousas foran tan mal naquela ocasión con personaxes como este Sors, que se pode catalogar como amoral, mentireiro e prepotente. Pretende o PP que toda a responsabilidade daquela traxedia non vaia mais alá de López Sors. Que o chapapote non pringue a Aznar, Cascos, Manda Huevos e Rajoy.  O desprezo dos responsables daquela desfeita pódese visualizar no comportamento de López Sors, un  comportamento chulesco e prepotente, de quen se sabe fora do alcance da xustiza.; xa que si o quixeran responsabilizar de algo, xa que el autoincúlpase, o xuíz tiña que ordenar o seu ingreso en prisión. Como sabe que iso non vai suceder, arrógase un protagonismo delirante e colocase por riba do goberno, co obxecto de que todo acabe nel. Calquera pode ver que non hai ni a mais mínima intención de chegar ó fondo do asunto. Os cidadáns ven unha burla que se gaste tanto diñeiro en montar unha farsa, na que non resulte nade responsable e todo resulte mais negro que o chapapote. Pra mais unha catástrofe similar pode volver ocorrer.  Polos mesmos lugares seguen circulando barcos monocasco como  o o Prestige. Solo  é cuestión de tempo.



0 comentarios