Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS POLITICOS DESACREDITADOS

Diría mais, os políticos non os desacreditou o pobo, desacreditáronse eles mesmos, e viven nun mundo paralelo, cheo de abundancia, de privilexios i exento de privacións,. Acabamos de asistir ó esperpento de inventar un informe inexistente sobre a corrupción nos  competidores. O bulo está lanzado; do bulo sempre queda algo; ese é o que sempre sole ocorrer. Neste caso é posible que ó PP lle salia mal o xogo.  A operación Pokemon é outro fronte aberto polo PP, que está sementando dor e desconcerto. Mentres a uns se lles cobre coa sospeita, os corruptos, de sobra coñecidos, nade lles molesta, o igual que os contrabandistas que se meten na política pra que nade se meta nos seus negocios. Os grandes salarios a multiplicidade de Órganos públicos, a multiplicidade de asesores dos políticos, que en nada asesoran porque carecen de aptitudes pra facelo; o único mérito que teñen é ser do entorno do asesorado. Ós grandiosos salarios, mi grandes nestes tempos, suman viaxes ó estranxeiro, dietas comedor e outros luxos; ós que os mortais nunca verán.

0 comentarios