Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A GALICIA FEUDAL

A GALICIA FEUDAL

Preto do rio, nunha perdida aldea, dun mundo primitivo, nace un neno, no que a extrema dereita recoñeceu o instrumento para a castra e doma dun pais milenario, no que, de novo, nacera xente, que cría nos ideais de liberdade e xustiza.

Xa pensaran, os fillos das tebras, que os xinetes da apocalipse, noutros momentos da historia, deixaran limpa a terra de Breogán dos fillos que a amaban, e agora podían afundilas  súas raíces no sagrado chan, chucharlle o sangue, multiplicarse nela, reparti-lo botín e sacarlle calquera indicio de personalidade; crear dúas clases sociais ben diferenciadas.

O que eles consideran xente do común, non vería mal algunhas cousas, pensando que se era bo para os señores, tamén o sería para eles; pensamento lóxico dende a mentalidade de un servo, que espera, ademais, unha pequena esmola polos servizos prestados ó senor das tebras e as súas cohortes.

Temos a esperanza de que nalgún lugar haxa alguén ou que naza alguén, que sexa o guieiro dos que amamos esta terra e arrinque as malas herbas nacidas sobre este chan sagrado.

0 comentarios