A VIXIANTE DA LEGALIDADE
Á Conselleira de Traballo parece que si lle trema a man á hora de cesar a unha Directora Xeral da súa Consellería. Esta muller con tics preconstitucionais ten no seu equipo a unha persoa condenada por incumpri-las normas en materia laboral.
Que a Directora Xeral, que ten o seu cargo vixia-lo cumprimento da legalidade das conductas laborais, fora condenada por incumprir, no ámbito privado, as mesmas normas que ela ten a obriga de protexer, da pouca confianza ós sectores implicados.
Parece que non é casual, nin é un acto aillado a conducta pola que foi condenada.
Si o despedimento, por si, xa sería reprobable, que á traballadora non tivera contrato e non fora dada de alta na Seguridade Social é gravísimo, na conducta de calquera empregador, e mais na súa, dada as competencias do cargo que desempeña.
Sería lóxico o cese; pero, ¿qué é eso da lóxica?. Ocórrenseme dúas contestacións á pregunta: ou a legalidade impórtalle un pemento á Conselleira, ou ten unha escala de valores, na que se confunden o ben e o mal.
Feijoo saíu en defensa da súa conselleira do paro, e aclarou que a persoa despedida traballaba no servicio doméstico pra familia da Directora Xeral e tamén na cafetería da estación de autobuses, rexentada polo pai e un irmán, eso si sen seguro e sen contrato; mellor que estivera calado. Que lle imos a facer, home gústalle actuar, dicir algo; a veces mellor estaba calado .
Feijoo vótalle un capote á Conselleira, co cal descubrimos que el é cómplice e que a traballadora era explotada como se fora unha escrava; pois estaba ó servicio de toda a familia, no domicilio e no negocio, sen contrato e sen seguro.
Que se saiba, non houbo ningunha actuación da Xunta contra dos culpables. Noooormal A Inspección de Traballo non fixo nada, miraron pra outro lado.
¿Con que argumento se pode presenta-la Inspección de Traballo nunha empresa?; mais aínda, ¿actuará en casos similares?
0 comentarios